A danza da vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de mayo de 2024
A vida é unha danza na que hai que aprender a dar moitos pasos para seguir o seu ritmo porque está cambiando constantemente.
Cambian as horas, as semanas, os meses, os anos...
Cambiamos nós...
Todo cambia.
TAMÉN CAMBIA O NOSO PASO POR ESTA VIDA:
Somos nenos unha soa vez.
Somos mozos unha soa vez.
Somos adultos unha soa vez.
Pasamos tan rápidos como as estrelas fugaces.
Trátase de vivir cada instante e de adaptarse á situación presente porque a anterior xa non volverá a repetirse.
SE FORAMOS CONCIENTES DESTA VERDADE TAN UNIVERSAL:
Nin nos aferraríamos ó pasado, nin nos apegaríamos á materia, nin tan siquiera ás persoas: fluiríamos lixeiros de equipaxe.
O pasado é auga pasada. Auga pasada non move muiño.
As nosas vidas son como os ríos: a auga do río nunca volve para atrás.
O seu destino é chegar ó mar despois de regar e fertilizar os lugares por onde pasou.
¿QUÉ NOS ENSINA O RÍO?
Que a vida humana consiste en ir cara a nosa Orixe que non é outra que a eternidade, de onde saímos e a donde volveremos.
Alí tennos preparada unha morada eterna o noso Pai celestial.
¿CAL É A NOSA MISIÓN ENTONCES?
Fertilizar o mundo nos tempos e lugares que nos toca vivir.
Ben sabemos que non podemos facer gran cousa porque estamos
cargados de defectos: é así a nosa natureza e non temos outra.
O único que non ten límites é o que os cristiáns chamamos Deus
aínda que haxa que lle chame doutra maneira.
Aínda sendo como somos, temos moitas posibilidades porque somos
libres para obrar dunha ou doutra maneira.
POR ESO NOS ENCONTRAMOS CON PERSOAS:
- Que practican a bondade e outras a maldade.
- Amables e outras de mal carácter.
- Xenerosas e outras tacañas.
- Humildes e outras soberbias.
- Persoas de portas abertas e outras que as teñen pechadas.
- Persoas moi castas e outras que viven da luxuria.
- Persoas que actúan con prudencia e outras que se pasan varios pobos.
- Persoas crentes, agnósticas e ateas.
En fin: temos multitude de posibilidades na danza da vida.
Tamén é ben certo que todos temos algo de todo.
Ninguén é puro 100%, nin siquiera as persoas máis santas.
¿QUÉ DANZA NOS CONVÉN?
A que dá mellores froitos, sen lugar a dúbidas. ¿Verdade?
Independentemente dos estudios ou a formación académica que poida ter cada persoa...
TODOS SABEMOS DISTINGUIR:
- A bondade da maldade.
- A amabilidade do mal humor.
- A xenerosidade da avaricia.
- A humildade da arrogancia.
- A castidade da luxuria.
- A prudencia da imprudencia.
- A fe da infidelidade.
Temos moito onde elixir.
¿POR QUÉ NON SEMPRE ACERTAMOS NA ELECCIÓN?
Porque nestes tempos que nos toca vivir hai moitos ventos furacanados que non nos permiten:
- Percibir a beleza dunha brisa suave do Espírito.
- Distinguir: o pomposo do sinxelo.
- Diferenciar: o ser do non ser...
De tal xeito que moitas persoas de boa fe chegan a "tragar".
Pero non sempre a maioría vai polo camiño máis acertado.
Hoxe en día temos que ir pola vida cos ollos moi abertos para discriminar o trigo da palla.
A palla abulta moito; pero un grao de trigo dá máis froito que un feixe de palla.
A palla arde nun instante. Un grao é unha semente que pode xerar moitos máis graos e pode alimentar moitas bocas.
Pois... ¡Que a nosa vida sexa pequeniña como unha semente; pero que chegue a saciar moitos corazóns tristes e famentos.
Cando esto se cumpra, o mundo medrará como unha semente.
"COMO UNHA SEMENTE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora