Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terremoto

miércoles, 15 de abril de 2009
Recente a catástofe italiana e case esquecidos os tremores ocorridos na provincia de Lugo hai algo máis dunha década, un terremoto de 2,6 graos sacudeu os territorios comprendidos dentro da area que comprende os concellos de Aranga, Guitiriz e Teixeiro, nas provincias de Lugo e A Coruña, con epicentro na localidade coruñesa de Ponte Aranga.

Non se trata de especular se o terremoto de Italia puido ser previsto baseándose nas altas tasas de gas radon ali descubertas, gas que tamén existe na comunidade galega. Trátase en Italia de comprobar se as construcións reunían as condicións antisísmicas, e en calquera lugar do mundo en mellorar o coñecemento existente sobre estes movementos telúricos, imprededecibles, imposibles de conter, que arrasan o que atopan ó seu paso.

O triángulo afectado por este movemento de hai días en Galicia non é unha zona de risco elevado de movementos sísmicos, mentras que si o é o que ten por vértices Triacastela, Becerreá e Sarria.

Ata agora, o que os poderes públicos e os particulares poden facer unha vez que ocorre un tremor de terra é o consolo, a axuda urxente, e aminorar os sufrimentos dos afectados. Seguro que os técnicos e especialistas están estudando dende sempre as circunstancias e as características para procurar coñecer os por ques xa que non os como e os cando un movemento deste tipo pode producirse.

Para non ter que lamentar, prevención e predicción cando sexa posible. Imponse, polo tanto, a investigación continuada, os estudios técnicos e a dedicación de medios para o coñecemento deste fenómeno. Para as infraestructuras, o coñecemento e reforzo das condicións de edificación. E para cando todo teña xa pasado, medios públicos en cantidade e calidade para atender de inmediato a todos os afectados.

Non se pode ser fatalista nun tema coma este. Hai que investigar, e prever. Todo, menos refuxiarse na lamentación a posteriori.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania