Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pros e contras de Toni Kroos

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 27 de mayo de 2024
Pros e contras de Toni Kroos A noticia de que Toni Kroos se retiraba do fútbol fixo tremer os cimentos, os alicerces deste noso fútbol nacional que, por momentos, semella que nos volve un pouco estúpidos e irracionais. Iría aínda un pouco máis alá: fixo bambear algúns sentimentos da sociedade pola "humanidade" do alemán criticando o poderío económico dos árabes, a inexistencia de dereitos humanos nese Oriente Próximo e pola baixada de pantalóns dalgúns xogadores ante os cartos.

A esta última cuestión quería eu chegar, a dos cartos. Porque ben soubemos que esa crítica ós xogadores era unha indirecta (xa teño confesado que as indirectas son as máis directas de todas) ó galego Gabri Veiga cando decidiu marchar e xogar en Arabia Saudita.

Estou por apostar que Cristiano Ronaldo, Benzema, Gabri Veiga e unha tira deles non estarán de acordo co que pasa nese país. Pero iso non quita de que intenten ganarse a vida e "o marabilloso" Kroos non é quen de meterse na vida dos demais nin, por suposto, no seu sustento. Xa dixen unha vez que el veuse de Alemaña e non perdendo cartos. Cando el fichou polo Real Madrid aínda non había este boom, este auxe futbolístico en Arabia Saudita, que se o houbera, non sei onde estaría hoxe Toni Kroos (sei que os cartos poden con todo, con todo). Kroos ten que saber distinguir unha cousa da outra: os sentimentos cara á un pobo e a solución dunha vida económica. Hai que saber separar o gran da palla. Hai que saber separar a Charlton Heston coma actor, do Charlton Heston coma o presidente da Asociación do Rifle; ou a Pérez-Reverte coma escritor, do Pérez-Reverte coma divulgador patriota.

Nesta mesma tesitura (a dos pros e contras) meto a Toni Kroos; que recoñezo que foi e que é un xogador inmenso (lembro ó seu patriota Günter Netzer, que este si creo que foi moito mellor pasador que aquel e que, por certo, recoñeceu sempre que viñera ó Madrid por diñeiro), e que si que é unha pena que se retire xa, que aínda lle quedaban polo menos un par de anos de bo fútbol e mellores pases. Porén, que queredes que vos diga; a min, aquelas indirectas/directas a Gabri Veiga (que por ser galego doéronme aínda máis) fixeron que, hoxe, a "humanidade" de Toni Kross nin fu nin fa. El creo que é o menos indicado para criticar o sustento de cada ser humano.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES