Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Querido Mestre, que obrigado che estou! (6)

martes, 28 de mayo de 2024
Señor, somos uns alumnos tan cerrís, agora coma daquela, que precisamos de bos mestres, de bos teólogos, pero...! (Mt 9, 37-38). Entón díxolles ós discípulos: - A anada é boa, pero os xornaleiros son poucos, así que rogádelle ó dono da sega que mande xornaleiros á súa ceifa". Señor, eu, ao de hoxe, de boa gana, pero, vou vello, e ademais estou casado; ¡non che sirvo para o Seminario!

Xa o teño referido máis veces: Na miña infancia o noso párroco adoitaba levar predicadores de cando en vez. Aquel ano foi un Franciscano, dos de Herbón. O "Pepiño", que é como me chamaban daquela, sóubolle o Catecismo do P. Astete, do dereito, pero tamén do revés; todo, a feito. ¡Aquela memoria que ti me deras, Señor, e..., agora que me lembro: aínda non che din as grazas por aquel don! O Franciscano chamou a meu pai e ofreceulle levarme para Herbón, sen gastos. Pero díxolle que non, e despois, a min, deume as súas razóns: - Ti es o morgado; de casa pobre, pero, morgado; e a maiores está que os frades tampouco se poden casar; ¡o que é poder poden, pero, non lles deixan..., por agora!

Señor, tal e como está España a tal momento non chega con saberse o Catecismo; ¡precísanse teólogos, e eu, diso, un analfabeto! O único que podo facer é isto que ves: expresar os meus sentimentos..., baseado no que aprendín da Biblia de Sept!
Querido Mestre, que obrigado che estou! (6)

¡Virxe Milagrosa, de Montecubeiro, imaxe que doamos á parroquia a miña dona e mais eu, de
recén casados, igual que aquel día te seguimos na procesión, concédenos seguirte no teu exemplo,
no que nos reste de vida, para ter a graza de verte e de seguirte en persoa no Ceo do teu Fillo! ¡Amén!

Virxe Milagrosa, que connosco fixeches milagres, ¡moitos!, concédeme estoutro, o máis importante de todos: o de ser exemplar no arrepentimento das miñas faltas, que estou en vésperas de ser chamado a xuízo e non quixese deixar un mal rastro, un mal exemplo, unha mala lembranza. Xa que non puiden ser frade, que polo menos me pareza aos frades na súa exemplaridade. Ben sei que é moito pedir, pero apelo ás verbas do teu Fillo Xesús: "Con toda verdade volo aseguro: o que lle pidades ó Pai no meu nome, El hávolo dar. Ata agora non pedistes nada no meu nome. Pedide e recibiredes, de xeito que a vosa alegría sexa plena". (Xoán 16, 23-24).

A importancia e maila transcendencia da exemplaridade descubrinas en Sidi Ifni observando que os musulmáns, pero dun xeito máis apreciable os seus fillos, gozaban falando cos franciscanos, bicándolles o cordón, sempre atentos e correspondendo á súa cordialidade. ¿Cal era o misterio? Non había outro máis que a súa exemplaridade, tan distinta dos nosos militares, que os trataban como cousas máis que como persoas, chamándolles invariablemente "Mohamed", que nin se molestaban en saberse o nome de cada quen. Botáronos porque o P. Santiago, seguindo, acatando, as instrucións, do bispo de Canarias, Pildain, negoulle a comuñón a unha cuñada do entón Secretario General; uns dicían que por ir escotada, e outros que por ir escandalosamente pintada. ¡A través do Nuncio, os nosos gobernadores frustraron a mellor das colonizacións, a mellor das evanxelizacións: humanidade, cordialidade, exemplaridade!

Falando de teólogos: ¡que aínda queda algún! "El tentador intentará apartarte de esa condición, de esa verdad, de ese mundo que fue el de Jesús y es tuyo; intentará seducirte con la idolatría del éxito, de la riqueza, del poder. No olvides que tu forma de vida es el evangelio de Cristo pobre y crucificado". Fr. Santiago Agrelo, Bispo de Tánger.
-.-


Achegádevos a min. (Mt 11, 25-29), e (Lc 10, 21-22). "Meu Pai ensinoume tódalas cousas e ninguén coñece ó Fillo agás o Pai, nin coñece ó Pai agás o Fillo e aquel a quen o Fillo llo queira revelar... Achegádevos a min tódolos que estades cansos e oprimidos, que eu vos aliviarei. Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón, e atoparedes acougo para as vosas almas, porque o meu xugo é levadeiro e a miña carga liviá".

¡Pois claro que é leve a súa carga, os seus mandatos, as nosas molestias; pesada foi a súa cruz, o seu Calvario, voluntariamente aceptada! ¿Por que, ou por quen? ¡Ben o sabemos: por todos nós, polos nosos pecados, que teñen de lévedo aquel do Paraíso Terreal! Por pretender zafarnos dese par de Mandamentos, pois os dez encérranse en dous, soamente en dous, optamos, estúpidos, por compartir con Satanás a súa sublevación, que esa si que é pesada..., por mortal, por definitiva!

O Pai ensinoulle...; ¡aí o temos: as primeiras ensinanzas veñen, teñen que vir, dos pais, pai e nai para os humano! Xesús invitounos a achegarnos a El; e con iso tamén nos deu outro exemplo maxistral: achegarnos aos nosos pais! Se son bos, para copiar e agradecer; e se son malos, que ensine o que máis entenda, pois, facer paces, é outro mandamento inscrito nese que di "Amarás ao próximo coma a ti mesmo".

¡Que terrible responsabilidade a daquel, ou daqueles, que nos apartan de Cristo! Pois a recíproca é igual de terrible.

A nai e os irmáns de Xesús. Precisións familiares. (Mt 12, 46, 50), e (Mc 3, 31-35), e (Lc 8, 19-21). "Mentres Xesús lle estaba falando á xente, a súa nai e mailos seus irmáns presentáronse fóra buscando o xeito de falaren con el. Díxolle un: - Mira que a túa nai e mailos teus irmáns están aí fóra, que te buscan para falaren contigo. El respondeu ó que llo dicía: - ¿Quen é a miña nai e quen son os meus irmáns? E, sinalando coa man os seus discípulos, dixo: - Velaí a miña nai e mailos meus irmáns. O que cumpre a vontade do meu Pai Celestial, ese é o meu irmán, a miña irmá e maila miña nai".

Aclaremos: O de irmán para os hebreos tiña un sentido moi amplo, aplicándose tamén aos parentes próximos. Irmán "de sangue" é outra cousa. Aínda hoxe dicimos "primos irmáns".Querido Mestre, que obrigado che estou! (6)

A interpretación, tanto daquela coma hoxe, e hoxe coma sempre, é que, por encima da familia, por encima dos compromisos, ou das devocións familiares, están as obrigas cristiás. Nisto non hai "que dirán" que valga. Digan de nós o que digan, ante todo as nosas obrigas relixiosas; suxeitar ao que se desmande, pero nunca deixarse arrastrar polos endemoñados. ¡Somos do partido de Cristo, e punto!
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES