Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Crónicas de la América profunda

Pinto Antón, J.A. - viernes, 24 de mayo de 2024
O libro de Joe Bageant axuda a comprender o que está a pasar en EE.UU. O resto do mundo pregúntase se é o mesmo país das universidades máis prestigiosas, o que emite a metade dos títulos universitarios, copa os Nobel e estrea películas inesquecibles. Si, e tamén o que devora o planeta e consume doses masivas de comida lixo, fundamentalismo religioso e racismo supremacista.

Bageant foi fillo do Medio Oeste e por iso é capaz de describilo dun xeito tan aterrador como divertido, identificándose coa xente, cousa que non fixeron os demócratas liberais. Retrata aos brancos pobres, 'xente embrutecida, endebedada, fundamentalista cristiá e amante da caza pero sen cartos para medicinas, que defende o estilo de vida americano e co seu voto decide o destino dun mundo que nin coñecen nin comprenden'.

Tampoco comprende o resto do mundo que votara a aquel Trump a metade das mulleres brancas a pesar de comportarse con elas como un mandril en celo. Ou que houbera 'Blacks for Trump' que contou co apoio do Ku Klux Klan. Ou que o sector máis pobre dos latinos apoie a quen prometeu ampliar en México o 'telón de aceiro' contra os seus, é dicir, os pobres: con Canadá non hai muro. Custa aceptar que se presente como antisistema este paradigma da brutalidade dun sistema que converte á clase media nunha alarmante e masiva clase baixa. Que non acepta aos 'perdedores', vítimas dunha economía dasapiadada que os condena á incultura inoculando neles o desprezo a todo o que ula a intelectual, e aos medios de comunicación.

O libro que retrata a América do peor Bush xa incubaba a burbulla inmobiliaria, o delirio crediticio... e profetizaba a chegada de Trump, epílogo non escrito destas 'Crónicas'. Ou de como os medos irracionais dos 'perdedores', alimentan o odio ao outro, ao diferente. Quizais unha vacina parcial contra a masiva sementeira de medos, mentiras e estupidez sexa a lectura do libro de Bageant "Crónicas de la América profunda".
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES