Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No cárcere

Xiz, Xulio - jueves, 23 de mayo de 2024
Como membro dunha sociedade democrática, con poderes básicos, forzas executoras, leis que marcan reglas de xogo, presunta igualdade de oportunidades e plena integración en Europa, calquera de nós corre perigo de pechar os ollos e coidar que vive nun mundo camiño da perfección. E se tivemos familia estruturada e comprensiva, recibimos formación, integrámonos socialmente, e camiñamos nunha determinada dirección non conflitiva, podemos pensar que quen non é feliz é porque non quere.

Participo nunha xuntanza da Pastoral Penitenciaria da zona da Terra Chá, e quedo abraiado, inquedo, preocupado. Porque fálase de presos e presas -que poderían ser amigos, veciños ou parentes- produto de desarraigo, de falta de educación e de oportunidades, de violencia, de pobreza, de esquecemento. Fálase de xente que nin ten onde ir nin pode moverse, que aprecia unha visita coma un tesouro; que están sós, desvalidos, desorientados, anulados; pechados nun mundo aparte como solución menos mala para arredar da sociedade aos que non encaixan nun normal comportamento colectivo.

Entendo que as institucións penitenciarias non poden abrirse á sociedade, por ser mundos distintos, e que os vasos comunicantes existentes non poden ir máis aló do testemuñal, caritativo e humano, pero as persoas que alí acoden para falar e escoitar, recibir e transmitir, son versos soltos dun conxunto que non pode -non podemos- pechar ollos e oídos a unha parte de nós que non encaixa, moitos non encaixaron nunca, nun xeito de vivir con valores moitas veces discutibles, e con oportunidades moi desiguais. Cómpre pensar no cárcere como problema e non como solución.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES