Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - jueves, 23 de mayo de 2024
O obxecto

Localicei o obxectivo. Estudeino con ansia. Mireino por todos os lados e incluso por arriba e por abaixo. Era estraño, raro, quizais único. Nin tan sequera sabería dicir moi ben a súa forma, describir a súa estrutura. Mesmo na cor era unha mestura de todas as cores habidas e por haber. Nin era grande nin pequeno, pero intuía que pesado. Nin era de madeira, nin de granito, nin de xeso, nin de cristal, nin de ningún material coñecido por estes lares. Pingas de OrballoAínda que intuín e, case aseguro, que non é un obxecto extraterrestre. Non sei por que, pero dáme que é noso, é dicir, terrícola.
O obxecto está á beira dunha toxeira chea de flores amarelas e, moi cerquiña, unha morea de xestas con cores brancas. Non intento movelo. Por un lado, estórbame a toxeira. Polo outro, sinceramente, téñolle, non medo, pero si respecto. O obxecto é tan estraño que non sei que pode ser, a maiores de todo o que levo descrito.
Penso na posibilidade de buscar e chamar a un especialista, a un xeólogo, pero dáme algo de carraxe non descubrir por min mesmo a realidade do obxecto e a súa procedencia. En principio vou sentar á súa beira e estudalo aínda algo máis, mesmo apalpándoo un pouco, a ver se me di algo, se as súas engurras, as súas rugosidades me din algo. Porque ten bastantes e, entre elas, quere asomar tamén algo indescritible. Polo menos a miña curta intelixencia non consegue describir esas outras cousas. A verdade é que empezo a desesperar ante tal situación. E como sigo coa teima de non pedir axuda, cuspo sobre o maldito obxecto, deixo caer catro insultos dos que non asustan a ninguén e marcho do lugar sen saber que é.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES