Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Haber, hainas

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de mayo de 2024
É tan forte o impacto de noticias negativas que nos presentan os medios de comunicación social no día a día, que moitas persoas xa pensan que se acabou a bondade, a honradez e a humanidade.
Pois nada máis lonxe da realidade.
É certo que hai moito mal no mundo e que entristece o corazón das persoas que intentamos actuar con boa intención.
Pero persoas boas, persoas boísimas hinas e moitas.
As persoas boas actúan en silencio case sempre e por eso mesmo non son noticia nin saen nas primeiras páxinas dos periódicos.

A BONDADE E A NORMALIDADE NON SON NOTICIA
Hai algunhas persoas exemplares que son noticia como cando, por exemplo reciben algún premio nóbel, ocupan algún cargo socialmente moi destacado ou porque destacan moito nalgunha disciplina. Natural que esas persoas sexan noticia. Pero…

¿NON SON EXEMPLARES OS PROXENITORES QUE SE DESVIVEN POR DARLLES UNHA BOA EDUCACIÓN ÓS SEUS FILLOS?
Son moitos os pais e as nais que se deixan a pel por este motivo.
Claro que son exemplares e moito porque están criando membros útiles para a sociedade, están formando persoas con bos principios, persoas que garantizarán un futuro prometedor para a humanidade.
Están criando semente de esperanza para un mundo mellor.

7¿NON SON EXEMPLARES OS DOCENTES QUE ENTREGAN AS SÚAS VIDAS PARA COMBATIR A IGNORANCIA?
Claro que son moi exemplares. Son moi valiosos e moi exemplares porque deles dependen tódolos demais profesionais das distintas ramas do saber: os sacerdotes, os médicos, os avogados, os enxeneiros, os investigadores... Todos.
¡Canto mérito!

¿NON SON EXEMPLARES TODAS AQUELAS PERSOAS QUE SE DEIXAN A VIDA CURANDO ENFERMIDADES?
Claro que son moi exemplares porque grazas a elas a calidade de vida e a lonxevidade son unha realidade moi digna de agradecer.
Persoas que traballan as 24 horas do día e tódolos días do ano porque a enfermidade e os doentes non entenden de vacacións.

¿NON SON EXEMPLARES AS PERSOAS QUE PASAN A VIDA COIDANDO ENFERMOS?
Na casa, nos hospitais, nas residencias, nos centros de dependientes, con persoas con discapacidades múltiples...
Claro que son exemplares porque as enfermedades teñen moitas rarezas e esixen moita dedicación e paciencia.

¿NON SON EXEMPLARES AS FORZAS DE SEGURIDADE QUE TRATAN COA DELINCUENCIA?
Traballan con drogaditos, vagos, maleantes, traficantes e toda clase de delincuentes.
Claro que son exemplares porque teñen vida exposta a moitos perigos e tratan, na medida do posible da rehabilitación e reinserción social desas persoas.

¿NON SON EXEMPLARES OS TRABALLADORES HONRADOS?
Que respectan os horarios, que dan o mellor de sí, que respectan os bens alleos, que son bos compañeiros, que enriquecen o país...
Claro que son e grazas a eles a economía e o benestar progresan.

¿NON SON EXEMPLARES OS QUE TEÑEN POR MISIÓN ACERCAR AS ALMAS A DEUS?
Sacerdotes, relixiosos, misioneiros que se entregan a esa misión.
Claro que fan un bo labor porque nos ensinan a amar a Deus e ós irmáns favorecendo así a convivencia fraternal entre as persoas.
HAI MULTITUDE DE PERSOAS BOAS QUE NON SON NOTICIA; PERO SON OS PIARES NOS QUE DESCANSA O MUNDO.
Proxenitores, docentes, sanitarios, sociosanitarios, forzas da orde, traballadores honrados e os que fan o posible por acercar almas ó bo camiño non son noticia; pero son os piares fundamentais da vida.

¿CANDO SON NOTICIA ESTES COLECTIVOS?
Cando cometen algunha infracción ou a veces sen cometela cando son inxustamente acusados.

¿POR QUÉ QUE NON POÑEMOS MÁIS O ACENTO NO LADO POSITIVO DA VIDA?
Temos moito que aprender da nai natureza.
Temos que valorar as persoas que dan o mellor de sí.
Temos que aprender a valorar o tempo como un auténtico milagre.
Temos que aprender do negativo para sacar ensinanzas positivas.
Porque o ben e o mal forman a danza da vida.

"A DANZA DA VIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES