Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A rebelión das bases

martes, 14 de abril de 2009
A derrota electoral non lle senta ben a ninguén. Nin siquera ós partidos políticos que ven tremer a organización por fallar algúns dos seus pilares básicos.

Cando se vence nunha contenda electoral todo son plácemes, e eso estao vivindo agora o Partido Popular, que nas súas xuntanzas ve comparecer militantes que tiñan desaparecido do panorama habitual ou eran manifestamente críticos. Como é época de bonanza, vacas gordas, triunfos en fin, todos contentos.

Non é igual nos partidos que sufriron revés nas pasadas eleccións, e sábese que o Psdg-Psoe sofre convulsións internas de militantes que desexan renovación, que os veteranos dean paso ós máis novos, que non exista acumulación de cargos, que se aprenda dos reveses que son as mellores leccións de cara ó futuro.

As bases só contan cando hai eleccións, para mobilizarse e buscar votos, e no resto do tempo para dar forza ó aparato político. E é moi difícil que un militante convencido se resigne a non participar de xeito directo na actividade política, no triunfo e no fracaso. E neste último caso, con máis razón para poñer remedio a situacións mellorables que estiman non deben repetirse.

As bases rebélanse porque queren ser tidas en contra. Ben farán os dirixentes en escoitalas porque normalmente teñen moita mellor percepción da realidade e do contorno que os que están nas alturas.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES