Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cismático e cismóns

Santalla, Iago - miércoles, 22 de mayo de 2024
Esta semana empezamos a seguir a telenovela das monxas de Belorado. Hai que dicir que promoven un retroceso evidente, situándose na órbita de Pío XII. Os seus dogmas devolven á Igrexa Católica ao medievo, polo tanto a anos-luz da realidade. Afastada totalmente do pobo e sectarizada.

Por suposto, non recoñecen á Santa Sé dende o papa citado e defínese como preconciliares.

Pero ata hai que punto tomalas en serio? Parecen máis cismonas que cismáticas e, tantos séculos despois, están facendo unha representación fidedigna do poema de Juan Ruiz arcipreste de Hita:

"Dicen frailes y clérigos que aman a Dios servir,
más si huelen que el rico está para morir,
y oyen que su dinero empieza a retiñir,
por quién ha de cogerlo empiezan a reñir"

Don Juan tamén tiña claro que "poderoso caballero es don dinero."

A estas alturas da película (que non tardará en proxectarse) eu creo máis en don Juan que nos dogmas sedevacantistas. Polo tanto, o que don diñeiro separou ben pode volver a unilo...

De momento a desfrutar do conto...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES