Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 20 de mayo de 2024
Ó axexo do seu soño

A mañá amenceu espida e chea de azul, e a tarde empreñou con pequenas nubes grises. Secundino Folgoso, O Milhomes, está ó axexo. O de Milhomes é por ser pouquiña cousa; non pasa do metro e vinte centímetros. Tamén é feo e mal feito. Aínda así está ó axexo de Lucinda García, A Bonita. O alcume xa o di todo. É máis, quédase curto. Lucinda, a maiores de ser máis fermosa que bonita, ten un físico que mesmo fai babexar, que incluso a algúns lles mete medo iniciar un achegamento a ela.
Pingas de OrballoPorén, O Milhomes non deixa de mirar para o seu soño. El sabe que tan só a pode soñar, pero sempre lle queda un algo, un cacho de esperanza que fai que unha e outra vez, que día tras día a busque tan só para mirala e baballar.
A Bonita sabe que O Milhomes a mira. Ela non se lle esconde porque lle dá un pouco de pena, de mágoa. De cando en vez deixa que lle asome un sorriso para gozar coa expresión, co brillo dos ollos del. Ela déixase ver e de cando en cando o saúda, mesmo se para a comentar algunhas cousas con el. Aí O Milhomes bota a man ó peito por se lle rebenta o corazón coa emoción. Nestas ocasións, axiña marcha feliz e contento, aínda que non tarda en buscala de novo, en buscar outro sorriso, outro saúdo, outro cruce de palabras.
Secundino Folgoso, O Milhomes, quere ser astronauta para coller a lúa, baixala e poñela ós pés de Lucinda García, A Bonita. O Milhomes, cando soña, soña ó grande, non se queda nunha simple canción dedicada. Canta polo baixiño a que está pensando e non deixa de axexar cara á Lucinda. A tarde gris, pouco a pouco, pare, dá a luz as sombras do luscofusco.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES