G20, a gran mentira do século XXI
Cardalda, Theo - lunes, 13 de abril de 2009
É tempo de facer un pequeno análise desta xuntanza dos líderes mundiais para esa tan cacarexada refundición do capitalismo onde nese mesmo día as rúas de Londres estaban cheas de manifestantes co balance dun morto pola policía. Había catro manifestacións que representaban aos catro xinetes do Apocalipses deste século: a do cambio climático, a dos delitos financeiros, o paro e a fame e a sen razón das guerras. Desde o meu punto de vista faltaba outro xinete que ven dominando desde fai un tempo ata agora como é a falla de valores, alicerce que sustenta todo o demais.
Desde fai máis de dúas décadas, cando subiron ao poder Margaret Thatcher en Gran Bretaña e Ronald Reegan en USA que foron os que impulsaron ata tódalas consecuencias a teoría de Milton Friedman, teoría que está fracasando estrepitosamente: máis fame no mundo e máis concentración de capital en poucas mans, e isto que está acontecendo agora é a herdanza que nos deixou estas dúas boas pezas, o Vaqueiro e a Dama de Ferro.
Ao pasar os anos acontecía unhas loitas e manifestacións alí onde ían as cumes do G8 e berraban cunha consigna onde aseguraban que outro mundo é posible, alertaban da desfeita a nivel mundial deses cinco xinetes do Apocalipses. Os medios xa estaban coas tendencias e consignas dese gran capital salvaxe acusando a estes de antisistema, violentos, anarquistas, comunistas, e algúns medios máis afíns ao salvaxismo financeiro os acusaban ata de terroristas, o tempo lles está dando a razón.
Agora chegou a desfeita e queren refundir o capitalismo ¿Quén cre aínda no sistema?. Soamente os poucos que se benefician del e provocaron este caos económico, financeiro e de valores. Ante esta visión e panorama do que está acontecendo, eu desde esta sinxela tribuna súmome e apoio a estes movementos, aínda que eses xornalistas mandilóns ao servizo deses intereses bastardos acúsenme de anarquista, violento ou antisistema. Cousa que non son nin anarquista nin violento, soamente estou contra este sistema de pes de barro doente de cancro que queren curar con aspirinas.
Este líderes en catro horas tomaron uns medidas que ven sendo máis do mesmo, pero unha das medidas que me deu máis noxo foi darlle recursos dun billón de dólares ao FMI, un moribundo que queren facer revivir, cando foi o causante que fundiu o mundo impoñendo a súa política económica (política USA) en recortes de gastos sociais, privatización das empresas públicas, receitas que hoxe están moi cuestionadas. O principal é manter ese moribundo do FMI, meter o raposo no galiñeiro para seguir ás andadas.
A medida que máis me fixo rir, foi a de un compromiso radical e firme contra eses paraísos fiscais. Estes están de coña mariñeira e seguen insultando á intelixencia do persoal, cando Gran Bretaña que pertence á CEE coa súa propia moeda e administra algúns Paraísos Fiscais de: Bahamas, Bermudas, Gibraltar, Isla de Man, Islas Caimán, Jamaica, Jersey e Islas Seychelles, e podemos seguir enumerando outros países como USA.
Coido que estamos sendo testemuñas neste final de década do século XXI ante un golpe de estado mundial encuberto, cun brazo armado como é a OTAN.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora