Moito te quero, lingua nosa!
Cabada Castro, Manuel - viernes, 17 de mayo de 2024
Unha gota non fai nada.
Moitas xuntas son o mar!
Gota amiga, ven comigo
e falemos sen parar.
Só na lingua que é de noso.
Non a quero agachar.
Falas ti e falo eu,
xa dous somos e outros máis!
Só nos vai unha marea,
aquela que é sempre alta,
sen deixar a propia altura
por grande ou cativa causa.
Fanse as linguas ó falar,
non inzan a bico pecho.
Sé laverca cantareira,
espalla o teu canto eterno!
(17 maio 2024, Día das Letras Galegas)
Cabada Castro, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora