Don Xosé, Pepe, Pepiño
Editorial - lunes, 13 de abril de 2009
Foi unha obra teatral de éxito escrita por Juan Ignacio Luca de Tena -Don José, Pepe y Pepito- que contaba a historia de tres xeracións dunha familia. No noso caso, os tres nomes corresponden á misma persoa e marcan, coidamos, estados de evolución social e política.
Tendemos a minusvalorar o propio fronte ó de fóra, e por eso nos sorprendeu que Pepiño Blanco chegase tan alto dentro do seu partido, chegando a ser a man dereita política do Secretario Xeral e Presidente do Goberno. E pasou a ser José Blanco, aínda que algúns seguíronlle chamando Pepiño, recordando a no consecución da Alcaldía de Palas de Rei á que optou hai anos.
E como culminación da carreira, aínda que se supón que para el a culminación sería a presidencia da Xunta de Galicia, ministro. Ministro de algo tan importante como as obras públicas, correspondéndolle suceder a Magdalena Álvarez, de infausta memoria para este país desde que imprecou contra o Plan Galicia de m....
Xa é don José Blanco para todo o país. Aquí aínda tardaremos en subilo de categoría, pero aí está, no goberno do Estado, para planificar os investimentos de miles de millóns de euros que marcarán o futuro de territorios que saben que as comunicacións son vitais para a vida de todos.
Non imos pedirlle que trate mellor a Galicia que a outras comunidades que son tamén a súa responsabilidade, pero si que teña en conta a débeda histórica que tamén en comunicacións- o Estado ten con este lonxano noroeste que se ben ten algunhas vías de comunicación modélicas ten tamén carencias que chaman poderosamente a atención.
Felicitacións ó novo Ministro e o desexo de que o desempeño resulte exemplar. Felicitacións interesadas porque os galegos esperamos del unha atención especial. Felicidades, don Xosé.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora