Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lexítima defensa

Rubia, Xoan - jueves, 16 de mayo de 2024
Resulta preocupante como algúns argumentan o dereito á lexítima defensa cando existen delgadas liñas vermellas que marcan o lícito do que non o é. O outro día o alcalde de Madrid referíndose as protestas dos estudantes na capital pola barbarie da guerra en Gaza manifestou que Israel ten dereito lexitimo a se defender e que se a A lexítima defensaguerra non se detén non é culpa de Israel senón de Hamas. E o home quedou tan tranquilo. E eu sinxelamente lle pregunto ao señor Almeida se o dereito lexítimo á defensa consiste en matar nenos e nenas (a cifra xa supera os 12.000), en bombardear indiscriminadamente hospitais coa escusa de que alí se esconden terroristas de Hamas e en negar axuda humanitaria a un pobo indefenso. No dereito a unha lexítima defensa non vale todo. Ao tempo de esgrimir este dereito xa van preto de corenta mil mortos e a este paso non só van rematar cos terroristas senón que masacrarán a un pobo enteiro. Non, iso non é lexitima defensa, a iso se lle chama masacre indiscriminada ou indo un pouco máis aló, xenocidio.

No asedio á cidade de Béziers no ano 1209 ao entrar a tropa a saco para pasar a coitelo aos "perversos" cátaros, alguén pregunta como distinguir aos bos católicos dos malvados rebeldes, ao que un personaxe chamado Amaury que era legado do papa Inocencio III contestou: Matalos a todos, pois Deus xa coñece aos seus!. Un feito histórico acaecido no século XIII que arestora se repite. Como distinguir entre os palestinos aos terroristas de Hamas?. Netanyahu debeu pensar que se mata a toda a poboación algúns de Hamas caerán.

A loita antiterrorista non consiste en que se estes matan a cen o Estado a mil, non, a cousa non debe ir así. Lembren aquela chapuza dos Gal que tantos quebradizos de cabeza doulle ao goberno de Felipe González. Ir á caza de etarras soaba a película de Rambo. Sobre os terroristas debe caer todo o peso da lei, a razón do dereito e non o argumento das bombas e das balas.

Está moi ben que os estudantes protesten, que fagan campamentos nos recintos das Universidades, que esa rebeldía "con causa" inherente á xuventude serva para poñer en evidencia certas decisións das clases dirixentes e que o berro unánime contra das guerras sexa masivo. Dise que as guerras cambiaron o rumbo da historia, pero arestora xa é tempo de pensar que de aquí en adiante isto poderíase levar a cabo sen ter que se masacrar os uns aos outros e que estas, as guerras, hoxe pouco teñen que veren cos intereses da cidadanía, con ese Humanismo que propicie un sentido racional á la vida. Esgrimir a exterminación como lexítima defensa só compete a mentes obtusas como é o caso do alcalde de Madrid, señor Almeida.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES