Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tocóunos Premio

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 16 de mayo de 2024
A miúdo dicimos que a vida é dura, que é moi inxusta, que non se entende...
Pero NUNCA DICIMOS QUE VIDA É UN REGALO.
No momento da nosa concepción, existían millóns de posibilidades e tocounos a nós.
A vida humana é un misterio, un regalo do ceo composto por unha vida terrenal e outra sobrenatural.
A vida terrenal ten data de caducidade, unha data que ninguén sabe pero tampouco ninguén discute.
Nesto estamos todos de acordo.
Para os crentes, existe outra vida que non ten fin, porque a alma, unha vez infundida polo Espírito Divino, vive para sempre.
A alma é a que nos dá transcendencia, porque sobrepasa os límites naturais.
O CORPO TEN UNS LÍMITES E UNHA DATA DE CADUCIDADE.
Aínda así, permítenos infinidade de posibilidades:
-SENTIR o cariño das persoas que nos rodean e se nos odian, tamén para poñer a proba a nosa capacidade de perdoar e amar.
-DISFRUTAR da compañía e a calidez humanas e das persoas ariscas tamén, para ensinarnos como debemos comportarnos.
-VER tódalas maravillas da Creación cos nosos propios ollos as persoas que gozamos da vista nos ollos corporais e saber axudar ás persoas que non gozan deste privilexio, aínda que, os que non teñen vista, ven doutra maneira...
-OÍR o canto dos paxariños, as palabras dóces dos seres queridos, a música, os ruidos que nos protexen dos perigos e tamén cando nos fan crítica constructiva para que poidamos correxirnos.
-PADALEAR os sabrosos manxares das diversas receitas culinarias e valorar o alimento pensando nas multitudes que pasan fame en moitos lugares do mundo.
-CHEIRAR os aromas da nai naturaza e tamén os cheiros da contaminación que perxudican a nosa saúde e aprender que a contaminación destrúe a vida e que temos que coidar o planeta.
-TOCAR, ALOUMIÑAR as persoas, os animais, os vexetais e tódalas restantes cousas que hai no mundo e tamén defendernos en caso do ataque inimigo.
Todo esto xa non é pouco; pero...
AÍNDA TEMOS UNHA INTELIXENCIA QUE NOS PERMITE:
-Acceder ó coñecemento.
-Conectar cos sabios.
-Administar rectamente a nosa vida.
-Aproveitar as oportunidades que se nos presentan.
-Saber estar.
-Ter sentidiño.
E AÍNDA HAI ALGO MÁIS:
Unha conciencia que nos permite distinguir o ben do mal.
Unha alma que nos di que a morte non ten a última palabra.
Estamos chamados a outra vida sen fin.
¿QUÉ FACER, ENTONCES?
Usar racionalemente os nosos talentos.
¡Temos tantos!
Tamén temos problemas e moitos...
Tamén temos limitacións: a uns fáltalles unha perna, a outros un brazo, a outros a vista, a outros o oído, a outros fáltalles saúde física, a outros a saúde mental...
Si; pero en moitas ocasións dannos maravillosos exemplos do que se pode conseguir se non decaen os ánimos.
AS PERSOAS CON MÁIS NECESIDADES QUE NÓS ESTÁN AÍ PARA MEDIR A NOSA CAPACIDADE DE COMPAIXÓN, A NOSA EMPATÍA...
Tocoulles a eles.
¿E se nos tocara a nós?
¿Non podemos caer en desgracia en calquera momento?
¿Quen está libre?
¿Cómo nos gustaría que nos trataran?
Pois eso...
A VIDA É UN PREMIO.
E se gozamos de saúde física e espiritual, xa podemos decir que nos tocou o gordo.
A vida é un regalo de valor incalculable.
O malo de todo esto é que non se acerta á hora de educar.
Estanse botando a perder moitos talentos.
Está fallando a educación en valores.
E SE FALLAN OS VALORES, FALLA TODO.
Aínda quedan moitas persoas con valores.
Son a semente dun futuro con esperanza.
Contamos cun bo banco de semente de valores.
Toca cultivalos e regalos con moito ocariño.
Están no corazón das persoas boas e haber, hainas.
"HABER, HAINAS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES