Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver, Volver, Volver

jueves, 09 de abril de 2009
Non é a tradicional canción melódica vixente desde hai décadas, senón o noso desexo para estes días que vivimos, nos que todos cambiamos temporalmente de vida.

A pesar da crise, prevese que son moitos os millóns de desprazamentos que se van rexistrar nas nosas estradas, que todos imos cambiar de costumes e de lugares, que os pequenos desprazamentos son os máis perigosos, que son días de alteración da normalidade, nos que estamos chamados á relixiosidade ou ó disfrute, cada quen segundo a súa vocación.

Pero hai moitos que non volven, porque o deus das estradas esixe a súa peaxe. E hai quen llo paga. Cando abondo é pagar as peaxes convencionais para poder utilizar as estradas máis anchas e mellor preparadas para a circulación.

Esas peaxes establecidas legalmente non podemos esquivalas e non hai máis remedio que pagar. Pero das outras podemos librarnos, conducindo con xeito.

Deso se trata, de ter xeito, todos. De volver, todos. De volver, volver, volver. Pois iso lle desexamos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES