Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha riqueza de Valor incalculable

Cachaza Platas, Mercedes - martes, 14 de mayo de 2024
Non cabe dúbida de que en Galicia, como no resto do mundo, a muller foi e segue sendo a alma do fogar.
A súa dedicación de portas adentro foi tanta que estivo oculta na vida social ata tal punto de que pasou inadvertida en moitas ocasións.
No tocante ás Letras Galega temos unha galega universalmente coñecida que destacou en pleno século XIX cando publicou
CANTARES GALLEGOS o 17 de maio de 1863.
Non é outra que ROSALÍA DE CASTRO que, tendo unha orixe un tanto complicada e unha vida familiar máis complicada aínda, tivo o valor suficiente para escribir e dar orixe a FESTA DAS LETRAS GALEGAS que vimos celebrando desde fai nada menos que 61 anos.
Desde o centenario da publicación de CANTARES GALLEGOS, que foi cando se celebrou por primeira vez o DÍAS DAS LETRAS
GALEGAS, en 1963; tiveron que pasar corenta e catro anos para que outra muller destacara neste eido: FRANCISCA HERRERA GARRIDO: unha coruñesa que foi Membro da Academia Galega e deixou moi alto o listón das nosas letras aló polo ano 1987.
Vinte anos despois, en 2007 foi homenaxeada MARÍA MARIÑO CAROU, unha noiesa que botou parte da súa vida inspirándose en Seoane do Caurel, respirando os mesmos aires que Uxío Novoneira e que neste ano é nomeada "Señora das Letras"
E once anois despois foi homenaxeada MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ, oriunda de Cáceres pero que viviu en Pontevedra.
Tres anos despois a homenaxe foi para XELA ARIAS CASTAÑO que viviu entre Lugo, a súa cidade natal e Vigo onde traballou na editorial Xerais.
E no presente ano 2024 temos a LUISA VILLALTA GÓMEZ, coruñesa como Franscisca Herrera Garrido.
A vida nada máis que lle regalou 46 anos, morreu moi nova pero deixa un bo legado para a nosa cultura como escritora, filóloga e violinista. Escribiu teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigo e tamén se adicou á traducción.
Resumindo: un total de cincuenta e cinco varóns e tan só seis mulleres homenaxeadas ata este momento.
Non cabe dúbida que os tempos van evolucionando favorablemente para a vida socio-cultural da muller galega e de Galicia en xeral.
Posiblemente chegue o día que haberá practiamente tantas mulleres como homes no mundo literario galego.
Eso será cando os roles se desempeñen máis equitativamente para que todos poidamos colaborar na construcción dun mundo máis humano e tamén máis enriquecedor para todos.
Tampouco podemos esquecer a valiosa colaboración masculina nas Letras galegas:
CASTELAO que descansa no Panteón de Galegos Ilustres xunto con Rosalía e outros no mosteiro de santo Domingo de Bonabal, en Santiago.
EDUARDO PONDAL, o autor da letra do Himno Galego, extraído do seu poema titulado: "OS PINOS". MANUEL CURROS ENRÍQUEZ que ten un monumento nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña, que escribiu entre outras: "AIRES DA MIÑA TERRA".
VALENTÍN LAMAS CARVAJAL, aquel que escribiu o CATECISMO DO LABREGO que refrexa á perfección a vida labrega dos nosos
tempos mozos.
ÁLVARO CUNQUEIRO, natural de Mondoñedo, autor de MERLÍN E FAMILIAE moi coñecido tamén polos seus libros adicados á cociña galega.
E o noso veciño MANUEL MARÍA, veciño de Outeiro de Rei, falecido fai vinte anos, que converteu o seu pobo na "capital literaria do mundo".
Mirade se é importante a nosa lingua que ata a utilizou o rei ALFONSO X O SABIO, que sendo toledano; pero tamén moi vinculado con Galicia, empregou a nosa lingua fai máis de setecentos anos nun libro adicado ós milagres da Virxe María,
titulado: "CANTIGAS DE SANTA MARÍA".
E outros moitos, moitísismos.
Entre eles, todos nós que sempre levamos a nosa lingua no corazón e desde que asistimos ás clases da UNED Sénior vímolo celebrando cada ano os dun e doutro lado da Serra da Loba.
É un día de convivencia, de ledicia, de celebración da lingua que nos arrolou no colo da naiciña.
É O DÍA DA NOSA LINGUA QUERIDA.
¡Viva GALICIA!
¡VIVA A LINGUA GALEGA!
GUITIRIZ, LETRAS GALEGAS 2024.

Mercedes Cachaza Platas, Alumna da UNED Sénior en PADERNE (A Coruña).
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES