A UNED Senior celebra a Luisa Villalta o vindeiro mércores, día 15 de maio, na Casilla (Guitiriz) cun grande acto de homenaxe e celebración popular da poeta, dramaturga, ensaísta e violista que neste ano 2024 protagoniza o Día das Letras galegas.

Baixo o título Inaugurar o tempo da Xustiza:
'Os homes non teñen nada que consentir nin conceder as mulleres'.
Celebrando a Luísa Villalta, a UNED Senior Coruña, quere celebrar á creadora literaria e música en todas as súas facetas vitais: como poeta, como dramaturga, como ensaísta, como violinista e, tamén, como persoa coñecida e recoñecida por implicarse social e politicamente nun innumerábel ronsel de iniciativas cívicas e culturais que reclamaban dereitos e liberdades.
E xustamente fará este grande acto de homenaxe, no que se compren vinte anos desde o seu repentino e inesperado pasamento, cando só tiña 46 anos, nunha actividade que quere ser de xustiza e de reivindicación da propia Galiza en si.
Un 15 de Xullo de 1885 falecía Rosalía de Castro,
un 15 de Xullo de 1957 nacía Luísa Villalta.
Rosalía de Castro inaugura a celebración das Letras galegas en 1963. Desde aquela Francisca Herrero Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias e, este 2024 recibe a homenaxe Luísa Villalta. 6 ESCRITORAS EN 61 ANOS.
Os homes non teñen nada que consentir nin conceder ás mulleres: só ver, e escoitar, respeitar e, por qué non, aprender do que dicemos e escrebemos.
Luísa Villalta
'Escrita e mulleres', 2003
Se cantar é recordar a melodía
sendo a vida a que se inventa en cada acorde,
por que repetir-se e ser o único é o mesmo?

Non hai mellor homenaxe a unha escritora que (re)ler a súa obra e por iso animamos a todas e a todos para ese mércores 15 de maio. Luísa Villalta, persoa comprometida con Galiza, coa súa cidade e coa súa xente é unha das autoras imprescindibles do último cuarto do século XX.
Para lembrar e homenaxear a #LuísaVillalta faremos outras actividades.
Non dubides en achegarte a coñecer a figura de Luísa Villalta e o seu labor como renovadora das nosas letras, ao abrir unha liña de indagación poética sobre as interseccións entre a música e a poesía, o marcado feminismo e o discurso ético que impregnan toda a súa creación, e o seu fondo compromiso e desexo de contribuír, coa súa achega, a unha sociedade máis igualitaria.
🗓 Marca a data! Achégate a celebrar con nós o orgullo da nosa lingua e cultura galegas neste día tan especial. Temos preparado un programa cheo de actividades culturais, poesía, música e moito máis para honrar á nosa lingua e ás súas letras.