Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do ut des

Editorial - miércoles, 08 de abril de 2009
Están ben os pactos dos políticos, porque supoñen dialogo previo, negociación. Pero só se estes pactos evidencian altura de miras, desexo de prestar un servizo á sociedade que coidan representar, aportación de elementos ó ben común. Pero hai outros pactos “de arte menor”, que requiren a mesma capacidade de diálogo pero están orientados ó beneficio persoal ou partidario. Eses son menos admirables.

Con arreglo ós resultados electorais do un de marzo e á Lei, o Bng ía quedar sen representación na mesa do Parlamento de Galicia, cos beneficios de todo tipo -especialmente económicos- que esa situación trae consigo. E o PSOE, xentilmente, cédelle ós nacionalistas un posto que lle correspondería legalmente para que o Bng estea representado na mesa que goberna a nosa primeira institución.

Dese xeito, o Bng apoiará ó PSOE nas eleccións de membros do Consello de Contas, na Radiotelevisión de Galicia, e sobre todo manterase un clima de falsa bonanza entre as dúas forzas políticas que aínda teñen moitos intereses comúns na gobernación de diversas institucións municipais galegas.

Perfectamente lícita, legal, presentable, a situación orixinada porque cada forza política é quen de distribuir os postos conseguidos en loita lícita e legal a través das urnas. E ata hai que pensar que ten a súa lóxica solucionar problemas ou desfases orixinados por unha Lei electoral que prima as maiorías e minora ós máis pequenos, neste caso o Bloque.

Pero como cantaba Xosé Afonso naquela Grándola que pasou á historia, “o pobo é quen máis ordena”, e está atento a todo o que pasa. Logo, que ninguén se extrañe de que o pobo decida o que lle gosta e o que non. O pobo é soberano. E reina poucas veces, pero reina ó fin.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES