Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 08 de mayo de 2024
Trago a trago

Sentei na mesa do bar para tomar un café. Quería sentar fóra, na terraza, pero as mesas que había libres non me tiraban, non me atraían. Tamén teño as miñas manías. Optei por tomalo dentro, claro. Fóra contemplaría mellor o ambiente, pero as manías, ás veces, son tortas. Ou as comodidades.
Aínda que, o ambiente de fóra tamén é verdade que case sempre é o mesmo: coches que corren, xente que Pingas de Orballopasa e pombas que voan. Dentro da cafetaría, o ambiente... pobre. Que se lle pode pedir a pouco espazo? Mellor distraerme con Daniel Magal cantando "Cara de xitana" e mirando de cando en vez, tamén, un vídeo musical na televisión.
O café case sempre vai en tres tragos. Hoxe levo máis porque está abondo quente e non podo beber tragos longos, non vaia ser o demo que abrase a lingua e a gorxa. Estas dúas ten o seu aquel; a lingua é necesaria para falar e a gorxa é moi boa para deixar escapar ese berro que, por veces, se nos fai nó e hai que desfacelo. É bonito e necesario desfacer o nó. Como é bonito usar a lingua e, máis en concreto, a nosa.
Tampouco foron tantos; dos tres grolos pasei a cinco. Cando me poñen algo na mesa, sexa comida ou bebida, é para facer xa uso dela. De aí que sexa incapaz de deixala arrefriar. Lembrade que o que espera, desespera. Son un desesperado. Trago a trago ten que ir. Culler a culler hai que comer. E non espero. Aínda que sexa a sorbiños. Aínda que sexa a bocadiños. Ergo da mesa da cafetaría e largo para realizar unha das miñas andainas. Aquí si que hai outro ambiente.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES