Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas co Ive

martes, 07 de abril de 2009
O imposto de valor engadido foi unha novidade non hai moitos anos, que substituía o antigo imposto de “Tráfico de empresas” e viña gravar a actividade económica do país, de xeito que aplicándose en todas as facturas das empresas ou autónomos por produtos ou actividades, e descontándose o aboado polos suxeitos pasivos do mesmo queda unha diferencia que corresponde á ganancia pola actividade ou produción realizada.

Dito así é simple, pero supón para empresas e autónomos unha importante dedicación e traballo, por ter que incluílo nas súas facturas, facer os cálculos oportunos, deducir o imposto soportado e a diferencia ingresala no correspondente organismo recaudador.

Por eso, téñense alzado voces xa hai tempo denunciando que esto significaba traballar a favor deste organismo, facéndolle parte do seu traballo, convertíndose o particular en recaudador dun imposto sen corresponderlle esa función. Pero todas as protestas quedaron no esquecemento e o Ive asentouse entre nós sen maiores dificultades constituíndo na actualidade un dos primeiros impostos do país.

Pero a crise económica agudiza o problema de ter que liquidar o ive o día vinte do mes seguinte á finalización do trimestre, cando boa parte das facturas expedidas aínda non están cobradas, polo que é o contribuínte o que ten que adiantar importantes cantidades ó Ministerio de Hacienda.

O tema ven de ser denunciado polo PP e Ciu que plantearon na Comisión de Economía y Hacienda do Congreso que as pequenas e medianas empresas e os autónomos non teñan que tributar polo Ive de facturas non cobradas, feito que non fai máis ca agudizar os abundantes problemas que as pequenas iniciativas empresariais teñen nos últimos tempos.

Tema a estudiar sen dúbida, porque o retraso no cobro de facturas, tanto das expedidas a entidades oficiais como a particulares, merece que se estudie de novo un imposto dos máis cómodos para a Administración e dos máis onerosos para as empresas.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania