Un cacho de ceo na Terra
Silva, Manuel - lunes, 06 de mayo de 2024
Á Coruña
Dende As Lagoas
vexo o Monte San Pedro,
vexo o Atlántico e máis Riazor.
Tamén vexo As Escravas
e os corpos espidos
bebendo a brisa do mar.
Dende o Monte San Pedro
vexo a Casa do Home,
vexo a Casa dos Peixes e mailo Orzán.
Tamén vexo os Salesianos,
e vexo as praias
do Matadoiro e das Amorosas.
Dende 'Marineda'
vexo a literatura de Emilia Pardo Bazán
e a filantropía de Teresa Herrera.
Dende Elviña
vexo o Xardín de San Carlos
e a tumba de John Moore.
Tamén vexo a Maestranza,
a Praza de María Pita
e o Castelo de San Antón.
Dende os Cantóns
vexo os Xardíns de Méndez Núñez
e o Parque de Santa Margarida.
Dende arriba e dende abaixo
vexo a Torre de Hércules,
vexo o sol, a lúa e as estrelas.
Tamén vexo as gaivotas
cando van a pescar peixes.
E vexo o cemiterio onde os mortos ven o mar.
Dende un lado e dende o outro
na Coruña eu sempre vexo
que o Ceo está na Terra.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora