Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á Beira do Camiño: Semana Santa 2009

martes, 07 de abril de 2009
Cada ano, os cristiáns, conmemoramos e celebramos o meirande Acontecemento da Historia da Humanidade. Unha semana especial. Por iso lle chamamos Semana Santa. Oito días de intenso e inmenso amor. Son celebracións de vida e de esperanza. Ven a ser o Memorial do Paso gozoso dos medos, covardías, dúbidas, barbaridades e traizóns á ledicia da valentía, seguridade, fidelidade e vida nova, xermolada na Pascua. Presenza de Deus na súa misericordia e perdón. A meirande mostra de Amor do Deus Encarnado.

Qué e cómo celebramos os galegos e galegas estes días da Semana Santa!? Tanto nas zonas urbanas como nas do rural, predomina o xeito tradicional. Con máis/menos consciencia da forza do Acontecemento pero con devoción, humildade e sinxeleza. Mesmo con pobreza externa, sobre todo no rural ao que aínda no chegou a masificación, o mimetismo das exhibicións foráneas que distraen ó persoal e rebaixan o Misterio..

Abondan moitos xeitos de celebrar. Desde a reflexión e a contemplación individual, en soidade, repasando os comportamentos de Xesús e o pobo, ou participando nos oficios nas parroquias e asistindo (ou ollando pola televisión) ás diversas procesións que abondan nas vilas e cidades tamén deste noso País, sobre todo no Sur. En Galicia, ademais das sedes episcopais da cinco dioceses (Lugo, Mondoñedo/Ferrol, Ourense, Santiago e Tui/Vigo) onde se celebran os oficios solemnes nas catedrais e desfilan importantes confrarías cos seus vistosos pasos, abondan tamén nalgunhas vilas como as de Fisterra, Muros, Viveiro e outras do interior galego.

Ideas importantes a ter en conta: A Paixón de Xesús non foi só un feito dunha historia xa pasada, un feito histórico (iso tamén, claro está!) ademais, valente e coherente (e para os cristiáns, tamén redentor) senón que segue a estar presente, a ser tremendamente actual. Repítese esta incrible historia en todos e cada un dos asoballados do noso tempo. Que son moitos e está á vista de todos. Non só os que están a morrer nas pateiras de Canarias ou no Estreito) fuxindo da fame e buscando a liberación nos países ricos de Europa ou América do Norte (os muros da vergoña de México e as vallas de Melilla) senón tamén todas a vítimas diarias por mor da fame que deambulan por Europa, sen papeis, sen traballo á procura dun bocado de pan para eles e as súas familias. Eses son os cristos crucificados, por mor da inxustiza humana. As causas son as mesmas que as do tempo de Xesús. En Xerusalén, foron as autoridades políticas e relixiosas, de acordo, (como narra o Evanxeo) aínda que por razóns distintas. Esa historia coñecémola todos. E somos conscientes de que estamos a re/vivila agora. Quizás, con mais agresividade por mor da nova opresión, o poder económico.

Xesús non quere nin busca esa morte. (A crucifixión estaba reservada para os escravos e subversivos) A morte de Xesús foi resultado dunha vida, vivida en total coherencia que denunciaba a hipocrisía dos poderosos. Xesús combate males e inxustizas... Vai á raíz do mal, do pecado. Dóenlle os maltratados por calquera causa. Por iso rexeita, con todas as súas forzas, todas as marxinacións. O pecado, o mal é a causa dos sufrimentos humanos. Dos que El padece e sofren tamén todos os seus irmáns. A fidelidade a Deus e a loita pola dignidade dos pobres e excluídos foi a que moveu a súa vida. Non vai tras a morte, pero “non se bota atrás” (”Fágase a túa vontade!”) A confianza en Deus/Pai (o Amor) e a coherencia de vida son a súa forza. Tamén tende ser a nosa. O camiño axeitado (coma o de Xesús) que leva á Pascua... (Persoalmente, eu prefiro a Semana Santa do rural).
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania