En camiño
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 02 de mayo de 2024
Desde que o mundo é mundo, sempre foi evolucionando.
En cada época cos medios propios.
A mente humana sempre está en proceso de descubrimento de novas fórmulas que melloren a nosa calidade de vida.
Debemos moito agradecemento a todas aquelas persoas que aportan algo que mellore a calidade de vida da sociedade.
Neste momento de historia é unha época de moitos descubrimentos.
A tecnoloxía abre novos camiños, novas posibilidades.
Quen máis e quen menos, está ilusionado con ela.
Sobre todo a xente nova.
Non cabe dúbida que é un gran adianto que se nos ofrece.
-A nivel persoal:
Podemos comunicarnos na distancia.
Podemos traballar desde a casa.
Temos información variada ó alcance da man.
Podemos intervir en foros.
Podemos crear grupos de contacto.
Etc, etc.
-A nivel industrial:
Neste campo a tecnoloxía ofrece grandes servizos.
Hoxe en día úsase a informática para todo.
Ninguén pon en dúbida que asistimos a uns tempos de moitos avances tecnolóxicos.
É unha das ventaxas que nos ofrece esta etapa da historia.
As novas tecnoloxías ben usadas proporcionan moitos beneficios.
Pero, como para todo na vida, cómpre ter unha formación e unha idade adecuadas antes de usalas.
Son unha ferramenta de dobre fío.
Da mesma maneira que non se lle pode poñer un cóitelo na mán a un bebé porque se podería cortar, tampoco debemos poñerlle un móbil ou unha tablet ó seu alcance porque non ten idade nin madurez para usalos e pode meterse onde non debe.
Xa se están producindo graves erros no seu uso inadecuado, principalmente nas primeiras etapas da vida.
O problema está en que consideramos a tecnoloxía como un obxectivo ó alcance de calquera porque nos ofrece moita información e moitos servizos.
Pero a tecnoloxía non é un obxectivo a conseguir.
A TECNOLOXÍA É UN MEDIO Ó NOSO ALCANCE, que ben usada, permítemos acadar obxecivos.
É, SENCILLAMENTE, UN DE TANTOS MEDIOS DOS QUE DISPOÑEMOS PARA O NOSO CRECEMENTO INTERNO.
O verdadeiro disco duro no que podemos e debemos meter canta máis formación e información mellor, é na nosa mente.
E aínda o cerebro nos pode enganar se non pasamos a información polo corazón e os cánones de boa conducta.
O QUE VERDADEIRAMENTE ENRIQUCE AUNHA PERSOA É:
-O ALTRUÍSMO: pensar nos outros tanto como en nós mesmos, porque todos estamos feitos da mesma masa.
-A BONDADE: que almacena no seu corazón para que se multuplique, compartíndoa.
-A EMPATÍA: que practica co ser humano, poñéndose no lugar do outro, sen xulgalo.
-O COIDADO DA NAI NATUREZA que é a nosa casa común, a única que temos onde podemos realizarnos empregando tódolos nosos talentos.
-A CAPACIDADE DE SACRIFICIO para construír un mundo mellor para todos porque o sacrifico mutuo enxendra benestar.
-O BO COMPORTAMENTO: que estructura o carácter dunha persoa.
-O CARÁCTER: que é o que marca o noso destino das persoas.
Posiblemente un dos problemas de hoxe en día que nos impide ir ó ritmo que desexaríamos, son os hábitos materailistas que estamos creando na xente nova.
Esta educación materailista e egocéntrica dá lugar persoas insatisfeitas consigo mesmas que máis tarde ou máis cedo acaban frustrándose.
Dínnolo as estadísticas.
A persoas maiores tamén din que o nivel de satisfacción na xente nova non se corresponde cos medios dos que dispón.
O fallo está que que se lle ofrece moita cantidade pero pouca calidade.
Temos moitas cousas materiais; pero a nosa alma necesita algo máis, porque non só somos corpo, tamén somos mente e espírito.
Nacemos para ser felices; pero a materia no enche as nosas ansias de felicidade.
Para ir en camiño temos que inculcar bos hábitos na supraconciencia: ALTRUISMO, EMPATÍA. BONDADE...
É condición indispensable para sertírmonos libres de ataduras e vivir felices.
Pensar máis nos demais e menos en nós mesmos, de tal modo que do que dámos, recibimos e esa é a maneira de sentirnos felices.
Un camiño un pouco largo de percorrer porque vai contra corrente con certos hábitos de vida dos tempos modernos; pero é a senda que temos para facer camiño para nós mesmos e para os que veñan detrás.
"UNHA SENDA RECOMENDABLE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora