Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alfonsín, Suárez e nós

lunes, 06 de abril de 2009
Vese que non é só cousa nosa, dos galegos, de santificar ós que se van, recoñecer méritos -moitas veces sublimándoos- dos que xa nin poden defenderse nin escoitarnos. Chégase a dicir que se van os mellores, pero resulta que non é eso senón que os facemos mellores polo feito de irse.

Adolfo Suárez foi o principal protagonista, xunto co Rei, de que España avanzase polo camiño da reconciliación, conseguise unha Constitución e se normalizase como país. Pois durante a súa etapa de político activo recibiu os peores calificativos -non hai máis ca lembrar aquelo de Alfonso Guerra de “Tahúr del Missisipi”-, foi vilipendiado por propios e alleos e ata foi obxecto dun golpe de Estado que se non era só por el si era el un dos máximos obxectivos. Agora que non está na política activa nin os seus sentidos lle permiten vivir plenamente neste mundo, é o santo patrón da democracia, da convivencia, da modernidade, recoñecido mesmo polos que máis o combateron.

Alfonsín en Arxentina foino todo. Chegou no momento máis problemático á presidencia do país, e tivo a valentía de sentar ós militares da dictadura no banquiño para seren acusados de delictos de lesa humanidade, pero tamén ós extremistas de esquerda. Neto de galego, ós 82 anos deixou á Arxentina que se sentiu orfa de quen non soubo valorar axeitadamente no seu momento. Galicia honrouno en 1984 cando veu visitarnos, e fíxoo fillo predilecto, entregou as chaves da cidade de Santiago, e noutra viaxe posterior recibiu o doctorado honoris causa pola Universidade de Santiago. Contra Alfonsín no seu momento os arxentinos tiveron argumentos económicos e políticos, especialmente económicos que o apartaron da gobernación do país. Agora, na súa morte, chórao toda Arxentina como o home que marcou o reinicio da democracia naquela gran nación. Agora, de morto, fáiselle xustiza.

Os dos exemplos, ós galegos, quédannos físicamente lonxe. Pero moito tamén sabemos nós deste trato ás persoas que se esforzan en traballar polos demáis, e durante a vida colleitan desprezos ou indiferencias, para ser á súa morte líderes indiscutibles, bos e xenerosos galegos exemplares.

Fagamos máis en vida polos galegos que o merecen. Xa o dixo Ben Cho Shey cando renunciou ás homenaxes post morten: “As cousas fanse cando hai que facelas, ou non se fan”.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES