Podemos ser
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de abril de 2024
Desde que chegamos a esta vida estamos abertos a un abano moi amplo de posibilidades.
Hai certos aspectos que non podemos modificar; pero hai outros que sí.
Non podemos modificar a nosa xenética: todos nacemos nunha familia da que herdamos rasgos físicos e psíquicos que van con nós por días de vida.
Pero hai moitas cousas que podemos e debemos mellorar.
Vexamos algunhas que están ó alcance de todos:
-A BONDADE:
Tanto a bondade como a maldade, saen do corazón.
Se consultamos co noso corazón, seguro que encontramos formas de ser mellores persoas.
Ser boa persoa é un título ó que todos debemos aspirar e para eso non se precisan estudios; só se pecisa querer ver a lei natural que levamos impresa no corazón.
-A PAZ:
Sendo persoas pacíficas: no fogar, no traballo, no ocio, na saúde, na enfermidade.
A paz é un ben que non hai cartos no mundo que a paguen.
Pertencen a este grupo as criaturas que non se pelexan, os adolescentes que non se meten en líos, os xoves que conservan o sentidiño, os adultos que levan a paz como bandeira e os anciáns que saben ocupar o seu lugar.
Moi diferentes son aquelas persoas que fan a guerra, aquelas persoas que se amargan a sí mesmas e a cantas encontran polo camiño da vida.
-A XENEROSIDADE:
Cos da casa e cos de fóra: compartindo o pouco o o moito que teñamos para axudar ós outros nas súas necesidades.
Compartindo: bens materiais.
Acompañando na soidade.
Consolando na tristura.
Ensinando ó que non sabe.
Perdoando as ofensas.
Visitando enfermos.
Rezando polos vivos e defuntos (os crentes).
Compartindo tempo e vida.
A xenerosidade enriquécenos e o egoísmo empobrécenos.
-O MODO DE APROVEITAR OS TALENTOS:
Empregando a intelixencia para formarnos máis e mellor.
Aproveitando as capacidades que a vida nos dá: subimos a autoestima e colaboramos na construcción dun mundo mellor para todos.
Por outra banda é unha mágoa ver como hai perosas que desperdician as súas capacidades por desinterese, por comodidade, por vagancia...
Arruinan a súa propia vida, a da súa familia e son unha carga social.
-O XEITO DE APROVEITA-LAS OPORTUNIDADES:
Para formarnos como persoas de proveito.
Para administrar rectamente os bens.
Para ter éxito nas relacións.
Para facer canto máis ben se poida.
-A HUMILDADE:
Actuando con naturalidade e sencillez no noso modo de proceder.
Sendo humildes na riqueza e na pobreza, na saúde e na enfermidade.
Sendo humildes de por vida, porque a humildade é unha das mellores cualidades que pode ter unha persoa.
Caso ben diferente é o das persoas arrogantes, cargadas de soberbia e fanfarronería ás que debemos querer; pero non imitar.
-O AFÁN DE SUPERACIÓN:
Perfección, non; pero ganas de superarse que non falten.
¿QUE PODEMOS MELLORAR?
-A BONDADE porque no noso corazón hai moita almacenada.
-O SENTIDO DO HUMOR para levar mellor as cargas da vida.
-A PACIENCIA para dar tempo ó tempo.
-A XENEROSIDADE porque, no fondo, temos bo corazón.
-AS NOSAS CAPACIDADES, empregádonos a fondo para o noso enriquecemento interno.
-O NIVEL DE HUMILDADE, desterrando a soberbia das nosas vidas
-O CRECEMENTO INTERNO para beneficio da Humanidade.
"EN CAMIÑO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora