Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sempre o Prestige

jueves, 02 de abril de 2009
Entre as cruces que os galegos temos asignadas pola historia, as tradicións ou o simple paso do tempo, está a do Prestige, que como negra sombra que nos asombra sempre, non daremos quitado de diante da nosa traxectoria como país.

O asunto é complexo abondo como para que a solución se dilate, pero van xa seis anos e medio e aínda agora vimos de coñecer a decisión xudicial, rematado o período de instrucción, que indica que o alonxamento do barco da costa de Galicia foi unha decisión axeitada, retirando a imputación ó único cargo público ata agora incluido no proceso, o Director xeral da Mariña Mercante.

O Prestige, os seus efectos, as decisións das autoridades e o papel da Xunta de Galicia en relación coa catástrofe orixinou ríos de tinta, centos de horas de radio e televisión, e comportamentos públicos partidistas interesados, que agora poden quedar cuestionados pola resolución xudicial.

A plataforma “Nunca máis” xa anunciou a súa intención de recurrir o auto da xuíza como cabe esperar dun colectivo que tanto loitou real e mediaticamente en relación con este tema. Pero o que máis chama a atención é a situación que se xenera se efectivamente se resolve sobre o tema indicando que foi unha catástrofe e non incuria oficial; que as administracións obraron de acordo cos protocolos para casos coma este, sen extralimitacións nin omisións.

Tanto tempo despois quédanos -moito máis para os implicados non responsables; implicados oficial ou políticamente- unha sensación de impotencia diante das grandes calamidades, das forzas desatadas da natureza, pero especialmente unha sensación de vacío diante da operación mediática que se pode organizar en relación con calquera tema de impacto, para varios anos despois concluir que simplemente non estabamos preparados para loitar contra forzas imprevisibles.

Que fino hai que fiar a diario para non labrar inxustizas con futuro, nin ser utilizados con fines diferentes dos que a sociedade ten, en operacións interesadas que ó final evidénciase que non tiveron nin teñen razón.

Pero o tema segue. O Prestige vai ser o noso “monstruo do Lago Ness” que de cando en cando asomará o seu recordo para que non o perdamos de vista.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES