XV. Parroquia: Vilaesteva, Santa María de.

A estas cruces chégase a través dunha estrada local, que parte á dereita da LU-636.
1. Cruz Misional.
Coordenadas U.T.M. X: 644.554 Y: 4.743.182.
É unha cruz latina, de pizarra, adherida á parede central da igrexa.
Tanto no brazo lonxitudinal como no transversal hai un lixeiro rebaixe no seu interior. No brazo transversal dereito lese a inscrición: SANTA; pola contra, no esquerdo, lese: MISION.
Na parte superior do brazo lonxitudinal mostrase o epigrafe: AVE / MARÍA; na parte media e inferior deste mesmo brazo: P.P. REDENTORISTAS; e, finalmente na parte inferior, o ano de celebración: 1953.
2. Restos dun Viacrucis
Coordenadas U.T.M. X: 644.543 Y: 4.743.181.
Consérvanse 4 cruces. Tres por riba do muro, que separa o adro- cemiterio da igrexa do exterior. Unha por riba do dintel da entrada ao adro-cemiterio. Destas catro cruces, unha delas amosa cuñas de ferro na base da cruz, así como arranxos na cruz; e outra ten rachada un dos brazos transversais. Trátase de cruces, que teñen unha pequena base, de forma paralelepípeda irregular, que serve de soporte á propia cruz, que posúe unha sección cuadrangular nos extremos do brazo transversal e no extremo superior do lonxitudinal, e unha sección oitavada no resto. Así mesmo, os extremos de ambos os dous brazos amosan unha forma de cruz potenzada.
3. Cruz Metálica.
Coordenadas U.T.M. X: 644.541 Y: 4.743.180.
Está situada por riba do muro, que separa o adro-cemiterio do exterior. É unha cruz metálica, que tiña probablemente a función de ornamentar algún nicho. Trátase dunha cruz, que amosa unha base ornamentada cunha complexa decoración moldurada e xeométrica, que serve de soporte a unha cruz latina que tamén mostra unha diversa decoración a base de elementos xeométricos e moldurados, tanto cóncavos como convexos. Na intersección dos brazos lonxitudinal e transversal, móstrase unha efixie cristolóxica, tamén metálica, da que irradian raios solares.