Dar contas
Silva, Manuel - lunes, 22 de abril de 2024
Segundo pasan os anos
e a vida vaise apagando,
imos tomando conciencia
do limitados que somos.
Sabemos por experiencia
como a todos, sen escusa,
vailles chegando a hora
de dar contas dos seus feitos.
E nese intre supremo,
a vida vainos xulgar
por se fomos boa xente
ou mesquiños e ruíns.
Ninguén o dixo mellor
co noso San Xoán da Cruz:
"Á tarde (da nosa vida)
examinarannos de amor".
Por iso, mirando ás mans,
terei ledicia ou tristura
véndoas cheas ou baleiras,
véndoas limpas ou luxadas.
Nese tremendo momento
que é a hora da verdade-
eu quixera haber sido
menos malo e máis mellor.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora