Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asuntos que abrasan

lunes, 22 de abril de 2024
Asuntos que abrasan O asunto está que abrasa. É dicir, o mundo está que arde. A zona do Oriente Próximo xa hai moitos anos que semella unha polvoreira. Agora, co Netanyahu ese, empeza a rebentar. E por moito que a comunidade internacional intente mediar nesa esquizofrenia, mentres Estados Unidos non veña ó rego, pois non hai negociación posible. Así seguiremos ata que os ianquis digan que xa está ben. Semella que empezan a bisbar polo baixiño, pero ante unha solicitude real de que free esa anomalía, quedan mudos, torcen a cabeza e miran para outro lado. Ós ianquis interésalles que haxa conflitos. Cantos máis mellor. Así poden meterse polo medio e onde estean, todo é beneficio para eles. Son listos. E, iso si, poderosos. Ante eles só nos queda unha posible crítica, pero non pasa de aí a cousa. Non vaia ser que se anoxen, que se enfaden.

Quen semella que non se anoxan son moitos donos de cans da Valenzá. Ante isto, podo dicir que son un especialista en atopar moedas no chan (a pena é que só atopo céntimos). A especialidade débese precisamente ós cans. Porque pola Valenzá hai que ir ó axexo, andar cos ollos ben abertos para non pisar nas cagadas dos animais. E aquí digo moi seriamente que non é unha esaxeración. Nunca vin unha rúa como a Avenida de Celanova tan chea de excrementos caninos. Ai, si, certo, a rúa San Bernabé (a da biblioteca ou Casa da Cultura) aínda poida que lle gane á outra, pois aproveitando o beiril dos edificios (principalmente nos días de chuvia), convértese nun pase de modelos caninos que, lóxico, deixan as súas porcalladas.

Asuntos que abrasanTodos sabemos que os cans non teñen ningunha culpa, que os pobres ten que facer as súas necesidades onde poidan e lles deixen. Son as donas e donos dos animais os auténticos porcos deses paseos. Aínda que o que máis amola é que eses mesmos marráns seguro que nas súas casas andarán con cen ollos para que os animais non defequen no parqué. E tan seguro, que os sacan precisamente para que deixen a merda nas beirarrúas.

Os domingos son os peores días. Como non hai varredores, hai cagadas a darlle cun sacho. Escribo isto en sábado; mañá, seguro que atopo algún céntimo máis. Porque o domingo, repito, é un día criminal. Só queda dicir que o concello se poña tamén as pilas ante esta porcallada. A alguén lle oín dicir que lles implantara uns impostos e con eses cartos meter máis varredores. Aí queda a idea.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES