Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santi, Manolo e Mato no 'ceo dos galegos'

viernes, 19 de abril de 2024
A Santi gustoulle a miña "Parábola das cereixas", e sobre ela publicou un ensaio que sigue vivo na Biblioteca Virtual Egeria. A parábola data de 2001, da presentación da biografía do seu pai, Manolo Rodríguez.
Tendo en conta que as cereixas de antano viñan leadas de dúas en dúas ou de tres en tres, cando un collía unha cereixa, esta nunca viña sóa, senón que traía outras enganchadas... Eu fabulaba que a miña relación coa familia Rodríguez -e con Paradela- fora coma o caso das cereixas... Primeiro fun amigo de Xesús Mato, con el viñeron José Manuel Mato e Manolo Rodríguez; e Irene, Santi, Enrique... e Mari e Carlos... e o Santi, Manolo e Mato no 'ceo dos galegos'autor da biografía de Manolo, Manuel Blanco Castro... e así, en afortunada relación interminable, como as cereixas bermellas, os amigos van incrementándose ata o infinito.
Santi, valoraba a amizade por riba de de calquera outra característica. E como tiña unha devoción absoluta por seu pai fíxose amigo de todos os amigos de seu pai, e cando os amigos falabamos de seu pai -no fondo- tamén estabamos falando de Santi. Repasei o libro homenaxe a Manuel, nos 25 anos do seu pasamento, e anotei sete poemas a Manolo, de sete amigos poetas, que falan del, pero era como se tamén falasen en Santi:
Alfredo González Vilela, afirma: En Paradela a cultura / leva o teu nome Manoel... Luis González Tosar fala dun "Home bo con raiz de pau santo / caro irmán da patria trasterrada"... Darío Xoán Xabana lembra: a Manuel Rodríguez, amigo, / cando vou por Batitales / vou conversando contigo"... Eloi Caldeiro: "Porque no fondo da túa inmensa alma / sempre agochache a esperanza, / de volver, como fixeches, para sementar os eidos"... Marcial González Vigo: Eu trato de ir contigo / no teu camiño de volta, / co corazón a deshora / e sangue que me convoca... Mero Iglesias Dobarrio: Manuel Orestes poeta, / adiviño da ilusión / desde a esclarecida verba / nacida nesta nación / que te aventura profeta... E por fin, Xavier Rodríguez Barrio que escribiu para Santi, Enrique e Irene, o que agora vale para Mari e Carlos: "Agora o voso pai está a vivir / o todo da súa herdanza / na alta claridade que aínda asala / a loaira do día que buscaba / na orde substantiva das palabras".
Para os que vimos a Santi medrar como persoa, nos últimos anos puidemos comprobar o parecido físico entre el e o pai, que ía indo parello na cronoloxía... Ata o final. O pai morreu con 55 anos, el con 52. Pero sobre todo eran semellantes en ilusión, Santi, Manolo e Mato no 'ceo dos galegos'en fe, entusiasmo, traballo, estudo e dedicación. Foron dous xigantes da cultura, da escrita, da amizade... de >Paradela e de Galicia.
Cando empecei a escribir estas lineas pensaba titulalas "Santi e Manolo no ceo dos galegos", porque- e pido perdón por citarme de novo -cando Manolo morreu, dixen que tiña que estar no ceo dos galegos, que ten que ser un anaco especial do ceo grande, quizais máis verde, quizáis máis recollido, con dous ríos, con montes, con agarimo, como Paradela...
E nese ceo onde eu maxinaba a Manolo como cronista e organizador de culturas celestiais ás ordes do Noso Señor, están agora con el Xesús Mato que se encargará das músicas, dos necesitados, da comunicación, e Santi, que aportará intelixencia, saber e corazón para darlle a ese ceo o calor, a cercanía, o clima axeitado aos bos e xenerosos que fixeron honra á "patria dos seus antergos" e que se nos adiantaron no alén.
En tempos máis difíciles ca os de agora, para definir unha persoa de paz, de ben, cualificábase como "un cacho de pan". Santi era un cacho de pan. Ou, se nos baseamos na linguaxe poética, poderíamos acudir a Machado para dicir que era "no bo sentido da palabra, bó·", que era dos "bos e xenerosos que a nosa voz entenden, e con arroubo atenden o noso rouco son". No ceo dos galegos están, por orde de chegada, Manolo, Xesús e Santi. Os tres, de Paradela. Os tres, fillos especiais deste Concello. Os tres, colleitadores de amigos, traballadores infatigables, namorados da amizade, abrindo portas a inmensidades, enriquecendo a todos os que con eles nos relacionamos.
Pero a vida sigue. A familia sigue. E se Manolo seguíu vivo entre nós estes últimos 34 anos, grazas especialmente a Santi, Santi seguirá vivo para todos nós e de nós depende que a súa memoria siga viva para sempre.
Descansen en paz, e vivan felices esa nova vida, Manolo, Xesús e Santi, fillos de Paradela, no "ceo dos galegos".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES