Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (7)

viernes, 19 de abril de 2024
Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (7)
I Concilio de Braga

Imaxe alegórica do Primeiro Concilio de Nicea (ano 325), mais co texto do Símbolo Niceno-Constantinopolitano do 381, co inicial πιστεύομεν (creemos) orixinal substituído por πιστεύω (creo), como na liturxia.

Estivo presente no primeiro concilio do reino suevo, convocado polo papa Juan III para poñer fin á querela suscitada pola doutrina priscilianista.

Celebrouse o ano 561 (ou 563) e é coñecido como I Concilio de Braga. Martín contribuíu á condena doutrinal e moral do priscilianismo:

"... Non se limitou á restauración da disciplina clerical, das cerimonias litúrxicas e da ortodoxia nicena, aínda seriamente ameazada, en Galicia, pola persistencia tenaz da herexía priscilianista...".

-.-

Influenzas sobre os sevillanos

Ver Foto 2.

-.-

Hispania no século VI

A súa influencia sobre os bispos sevillanos Leandro e Isidoro  despréndese con claridade dos eloxios que lle dedicou Isidoro.

Isidoro de Sevilla. Varones ilustres, Capítulo 12.

Foi precisamente na segunda metade do século VI cando se produce unha prolongada crisis tras do asasinato de Teudiselo en Hispalis (549, e o pretendente Atanagildo pide axuda ao basileus que ocupa a franxa meridional da península.

Eloxiado polos seus contemporáneos Venancio Fortunato, (Venantius Honorius Clementianus Fortunatus) bispo de Poitiers e Gregorio, bispo de Tours.
-.-


III Concilio de Toledo. Imaxe do Códice Vigilano. Fol. 145. Biblioteca do Escorial.
¿Que lle debemos os galegos ao Sao Martinho de Dume? (7)
Cabe marcar tanto as semellanzas como as diferencias entre los pequenos catecismos morais que escribe Martín dirixidos ao rei suevo Miro, con as Etimoloxías, a enorme enciclopedia de Isidoro destinada a mellorar a cultura das elites laicas e eclesiásticas do reino, procurándolles unha especie de manual enciclopédico cómodo.

Martín, no seu modelo de sermón para corrixir aos rústicos dos campos galegos, busca unha lingüaxe simplificada, para uso dun público inculto, que Isidoro empregaría ao contrario que o seu irmán maior Leandro no año 589 na sesión de clausura do III Concilio de Toledo, pomposa peza destinada a seducir e a cegar á corte e non para proporcionar unha formación relixiosa elemental para un auditorio corrente.​
-.-

Prerrenacementos periféricos

Contemporáneos de Martín son algúns personaxes que protagonizaron importantes movementos culturais en Hispania, como foron:

Na Tarraconense, Justo de Urgel e Juan de Gerona.
Na Cartaginense, Liciniano de Cartagena, Justiniano de Valencia, e Donato, monxe vido de África.
Na Lusitania, Apringio de Beja.
Na Bética, Severo de Málaga.
-.-

Discípulos

Entre os seus discípulos cabe mencionar a Pascasio de Dumio, a quen moi probablemente ensinou o grego, co que este verteu ao latín os Apothegmata Patrum seguramente desde algún manuscrito traído por Martín, a quen dedica esta obra, editada recentemente; inclúe 358 apotegmas ordenados tematicamente en 101 capítulos. O óbito de Martín conmemórase o 20 de marzo. Cinco anos despois da súa morte, os visigodos conquistaron o reino suevo, tras século e medio de existencia.
-.-

Diocese de Dume

A Diocese de Dume, tamén coñecida como Diócesis de Dumio, (en latín: Dioecesis Dumium) é unha sede católica de rito latino creada na Hispania visigoda no reino suevo. Estivo situada na localidade de Dume, nas aforas da cidade de Braga. Na actualidade é unha sede titular portuguesa asignada ao bispo auxiliar de Braga.
O mosteiro de Dumio, fundado por Martín de Braga, foi o principal centro de difusión da cultura e da espiritualidade cristiá de orixe oriental en el norte de la Península. Estaba situado xunto da igrexa que o rei suevo Karriarico había dedicado a san Martín de Tours, tras a súa conversión ao catolicismo.

Lucrecio, arcebispo de Braga, funda a diocese de Dumio en torno ao recén creado mosteiro, e consagra a Martín de Braga como o seu primeiro bispo en torno ao 556.
Dume, considerada capital do Reino Galaico-Suevo, foi destruída na anexión visigoda e os notables do reino refuxiáronse temporalmente nas casas dos bretoñeses, que trasladaron a súa capital a San Martiño de Mondoñedo, tras ser destruída a vila de Bretoña, sede do Bispado de Britonia, na invasión vikinga de 966-971.
No ámbito da xeografía eclesiástica visigótica dependía de Bracara Augusta, metrópole dos bispados da Gallaecia.

Os bispos da Sede de Mondoñedo usaron o Título de Episcopus Dumiensis entre os séculos IX e XII. Entre eles destaca San Rosendo, abade de Celanova, que sucede ao seu tío Savarico, bispo de Dumium, no ano 997, restaurou varias dioceses do parrochiarum sueviorum anterior e propagou a regra beneditina.

Na actualidade Dumio considérase unha Sede Titular e sole ser ocupada por bispos auxiliares. Por exemplo, a sede de Dumio asignouse recentemente a Carlos Francisco Martins Pinheiro, bispo auxiliar de Braga, quen a ocupou desde febreiro de 1985 ata o 10 de novembro do 2010.
...
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES