Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

70 anos do Terra Chá

jueves, 18 de abril de 2024
Estamos a festexar a que consideramos a "biblia" das e dos chairegos: o libro Terra Chá, co que Manuel María situou coa meirande dignidade a nosa bisbarra no mundo, que "pra medila, só valen dúas mensuras: !ferrados de corazón, fanegas de alma!". Son 70 anos de sementeira emocional cos que nos agasallou este mestre. Porén, Xermolos correspondeulle sempre coa súa devoción e paixón, asi no cincuenta aniversario da súa aparición artellamos un congreso no que interveu o mesmo autor con actividades en Outeiro de Rei, Begonte, Vilalba..., con achegas literarias en varias publicacións e tamén percorridos polas súas paisaxes. Non esquecemos que Manuel María principiou a soñar con esta obra marabillosa nos penedos de Santa Cruz de Parga lendo Do Ermo de Noriega Varela xunto con Novoneyra que tamén estaba a enxergar Os eidos, en horas libres, cumprindo os dous co servizo militar. Xa no outono pasado, no seu cumpreanos, principiamos unha nova xeira coa lectura destes versos no seu hectómetro literario no Paseo dos Soños en Vilalba que voltaremos a saborear o dezanove de maio na Festa da Fala no San Alberte, ao compás do seu río feiticeiro, sen esquecer que este ano na Festa das Nosas Letras celebramos a Luisa Villalta, escritora e música que Xermolos coñeceu a través de Manuel María colaborando no volume dedicado a este noso guieiro, e así desfrutaremos tamén da poesía e da música volvendo a ollar e sentir o video "Manuel María da Terra Chá" coa dirección de Xulio Xiz, no que intervimos grazas a Ophiusa, cando celebramos daquela os 40 anos deste poemario, no que cantamos con A Quenlla: "Meu claro e cantareiro río Parga/ co brazo rexo e longo do caneiro/ detés a auga, soségala, remánsala pra que espelle árbores e uces/ a prodixiosa ponte medioeval.../ ¡ouh San Alberte! Pois nós somos/ a bretemosa tribu resiñada, / pausada e firme dos chairegos...", sen esquecer "O carro" que xa consideramos o himno da Chaira. E nesta foliada na que van inzar música e poesía proxectaremos o documental "Cantando a Manuel María" de Gonzalo F. Veloso... E mentres agradecemos aos Carunchos, pioneiros da nosa música, o seu novo disco: "Unha gorxa chea de paxaros", un elenco de poemas de Manuel María interpretados co seu emocionante son, acompañado dos comentarios de dous amigos e valedores do Festival de Pardiñas, Xaneco Tubio e Xurxo Souto. Un grupo que xa nos dedicou no último festival unha peza musical cadrando cos trinta anos da Mostra de Instrumentos.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES