Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alonso Montero

miércoles, 17 de abril de 2024
Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo produciu froitos senlleiros, creou escola e fixo patria.

Sendo dos que tiñan escolta policial no domicilio, entendo que tamén era dos que lles violaban a correspondencia no Correos de hai medio século para saber con quen se relacionaban e que se dician entreles. Mentras tanto, o profesor lograba multitude de devotos, que poden seguir a súa linea política ou a contraria, aos que adentrou na arte da creación, abrindo o mundo que dentro deles fervía, aportando ás Letras unha xeneración rutilante con estrelas que se chaman Xavier, ou se apelidan Valcárcel, responden ao nome de Fiz ou identifican a quen foi príncipe das nosas letras e ficou en lenda como Darío o Grande.

Pode haber alumnos que non veneren a Don Xesús – ninguén o trata sen esa dignidade – pero eu non sei deles. Todos os que coñecín ao longo da vida proclaman o señorío, a ciencia, a autoridade do nonaxenario profesor, sabio e falador, entrañable e asequible, que Lugo homenaxea o 19 de abril. Os que non tivemos a sorte de recibir o seu maxisterio, sabémonos en inferioridade diante dos que aprenderon a saber do que sabe e contaxia coñecemento.

Parabéns, profesor, pola homenaxe. Parabéns especiais por ter creado escola, descubrir talentos, prestixiar a fala, e axudar a tantos a descubrir -como hai corenta e catro anos proclamaba musicalmente Saraibas - "unha terra, un pobo e unha fala".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES