Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 19 de abril de 2024
Gabia tras gabia

O sacho e a aixada (no Ribeiro, peta e sacho, respectivamente) están á miña beira, preparados xa para a semente dunhas cantas patacas máis, aínda que creo que sementarei máis que tubérculos.
En principio, na asoma da primeira gabia, en vez de patacas, van palabras que na fin, con todas as gabias, completarán toda unha historia. Na segunda gabia deixo caer pensamentos de cando a inocencia era a raíña e señora do meu vivir. Abono a gabia con momentos únicos e eternos. Na terceira gabia vai un nacionalismo que agromou desde que o coñecemento aboiou sobre esa inocencia.
Logo dunhas cantas gabias, descanso. A conciencia, por veces, cansa. E sementei unha pouca. A ver se co mineral medra o sentidiño pero sen deixar de vivir do conto. No descanso deixo que os ardores de estómago acouguen para, nun amén, volver ás gabias da novela.
Gabia tras gabia, a canseira mesmo chega a derrotar a certas opinións, criterios ou ideas. Hai palabras e frases, ou sexa, gabias que derrotan ó máis valente. O rural non sempre é carballos que dan sombra e verde nos lameiros. De cando en cando ou bastante a miúdo é unha semente de queixas e bágoas, de dores e berros, de salaios e algo de inferno. Inferno ante o fallo do produto, ante a crítica negativa do capítulo, do relato, do libro...
Por iso hai que medirse e agacharse, e queixarse, e sufrir para que as gabias saian dereitas, con sentimento. Con ese sentimento no que, a colleita, dirá se cada pataca que sementei, se cada palabra que deixei caer pagou ou non pagou a pena. Agora, por enriba, bótolle máis abono para que o título destaque.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES