Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O canario que se me foi

miércoles, 17 de abril de 2024
Ti, melodioso tenor e encomiado,
o abrente chamas no romper do día.
De onde che vén, petís, esa enerxía,
corazón dun mundo por ti soñado?

Bule con ardor e ferve o teu canto.
A quen cantas, dime, dende a amencida,
ti, todo corpo e alma estremecida,
en cárcere, casa propia, hospedado?

No serán e á mañá contigo falo,
ben sabendo que me queres e entendes,
aínda sendo eu humano e ti paxaro.

Nun solpor amorriñado te vin
e en noite pecha fúcheste voando
de estrelas a un ceo lonxe de aquí!
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES