Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xustiza non seria

miércoles, 01 de abril de 2009
Anda o maxistrado Garzón deliberando se acepta ou non que a Xustiza española interveña de feito directo no problema do cárcere de Guantánamo onde os Estados Unidos de Norteamérica concentraron numerosos presos sospeitosos de terrorismo en base a plantexamentos xurídicos efectuados por un equipo de avogados asesores do goberno do primeiro país do mundo, que agora está no punto de mira dos defensores dos dereitos humanos.

Ata agora, só un país no mundo -os mesmos Estados Unidos- teñen actuado neste tema como primeiros afectados por un entramado legal que pode non ser xusto. Se Garzón decide proceder, España sería o segundo, e a razón máis importante sería a de que nesa prisión estiveron detidos media ducia de supostos terroristas da nosa nacionalidade.

Noticias coma esta non lle fan ningún ben á Xustiza española que como institución non é das mellor valoradas polos nosos concidadáns. Porque o hispano medio e o galego con igual razón (que temos unha longa traxectoria histórica de medo e distancia á xustiza) diante dunha destas noticias considera que non é serio andar tanto nas alturas cando a ras do sólo segue a haber os problemas de sempre.

Estiman as xentes que viven o día a día desta nosa sociedade que os retrasos nos procedementos xudiciais seguen existindo, que os xulgados non son abondos, que os medios que teñen os xuíces e en xeral todos os funcionarios da administración de xustiza son mellorables, que se acumulan os temas sen resolver. E mentras tanto, música celestial e xuíces estrela que parecen vivir en mundos nos que nós nin ousamos pensar.

Mira que son serios os problemas da Xustiza!. Serios, complexos, sempiternos, e con necesidade de atención urxente e permanente. Pois nada: que aparece unha noticia coma esta e moita xente opina que eso non é de recibo, que ese tipo de Xustiza non é seria. É difícil quedarse tan tranquilo diante de algo así. E se un non se queda tranquilo diante de algo non serio, só ten dúas posibles posturas: rirse ou chorar. Escollan vostedes.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania