Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (14)

martes, 16 de abril de 2024
XIV. Parroquia: Trasliste, San Xoán de.
1. Cruz de entrada á igrexa.

Coordenadas U.T.M. X: 632.699 Y: 4.750.364.

Trátase dunha cruz moi semellante a outras colocadas do mesmo xeito, é dicir, por riba da porta de entrada ao adro da igrexa.

2. Cruceiro de Trasliste.
Coordenadas U.T.M. X: 632.772 Y: 4.750.476.

Está situado ao carón da antiga escola desta parroquia. Tanto ao cruceiro como á cruz, que hai fronte ao mesmo, accédese por medio dunha estrada local que parte da CP-2704. Na actualidade o último domingo de Agosto, celebración da Santa Lucía, a procesión circunvala o cruceiro. Trátase dun cruceiro simple sen efixies. Foi construído polo canteiro José, da "Casa de Subquinta", lugar de Vizcaia, parroquia de Muro. Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (14)Este canteiro dirixou as "Escolas taller", que se levaron a cabo neste municipio no primeiro lustro dos noventa do século pasado. Amosa as seguintes pezas nunha orde ascendente. Unha plataforma granítica, de tres chanzos, que serve de sostén a unha base monolítica, con dous elementos. O inferior, de forma paralelepípeda, amosa un rebaixe cuadrangular en cada unha das caras; nunha delas - a que está fronte á "Cruz de Trasliste", mostra a seguinte inscrición nunha placa de granito, adherida á mesma: "DOAZÓN FEITA POLO/ CONCELLO DE LÁNCARA/ COA COLABORACIÓN DA / ESCOLA TALLER". Na parte inferior desa cara aparece o nome do concello e a data na que se colocou o mesmo. "LÁNCARA, 8-5-1993". O superior, é un pequeño tramo de forma troncopiramidal. A base prolongasen un fuste de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto. Este serve de soporte a un capitel moldurado, clásico, formado por unha moldura convexa ou "bocel", que une a dous filetes. Finalmente, o cruceiro remata nunha cruz, que mostra unha sección cuadrangular nos seus extremos e outra oitavada no resto; ademais, os extremos do brazo transversal e o extremo superior do lonxitudinal amosan un tipo de cruz potenzada. Con respecto a este cruceiro é mester sinalar que inicialmente íase poner na honra de "Moncho Valcarcel", máis coñecido como "O crego das Encrobas". Este tivo unha participación moi importante nas protestas, que houbo entre os anos setenta e noventa do século pasado con motivo da Cota empresarial (1). No obstante, a idea inicial, levada a cabo polo tenente de alcalde Manuel Vázquez Seijas, non foi aceptada polo alcalde socialista Eladio Capón alegando cuestións de índole política.

3. Cruz de Trasliste
Coordenadas U.T.M. X: 632.751 Y: 4.750.477.

Esta cruz está situada fronte ao antiguo centro escolar. Denantes había unha cruz de madeira, que era circunvalada pola procesión, que se realizaba na festividade do San Xoán. Esta cruz foi realizada en lembranza dunha antiga misión celebrada nese lugar. Foi mandada facer por Antonio Rivas Murias, mestre e antiguo alcalde de Láncara. Consérvase no interior do local da "Asociación de Veciños de Trasliste". Esta cruz de carácter latino, posúe no brazo transversal unha inscriciónna que se le: "SANTA MISIÓN". Tamén hai outra na parte inferior do brazo lonxitudinal aludindo á data da misión: "23-VI-57". Ademais, na parte superior do brazo lonxitudinal aparece gravada "unha coroa de espiñas".
Logo, a principios da década dos noventa do século pasado construiuse unha nova cruz, de cantería e cemento, que sustituía a de madeira xa bastante deteriorada. Para tal fin aproveitáronse os materiais, que se empregaran para a construción dun cruceiro cercano, que consta dos seguintes elementos nunha orde ascendente. Unha plataforma, formada por catro chanzos de cachotería, que serven de soporte a un plinto cuadrangular, sobre o que se erguen tres pezas: unha base, de forma paralelepípeda sobre a que se prolonga unha peza de forma troncopiramidal, rematando nunha cruz de canteria, latina, que amosa unha sección oitavada.
Cruceiros, cruces, esmoleiros e Viacrucis do Municipio de Láncara, Lugo (14)
4. Cruz do nicho
Coordenadas U.T.M. X: 632.485 Y: 4.749.372

Entre os anos 1980-1982, José da "Casa de Subquinta" (Muro), construíu tanto esta cruz como a da entrada ao cemiterio moderno.
Esta cruz funeraria está composta dos seguintes elementos nunha orde ascendente: Un plinto cuadrangular de cantería. Na cara situada fronte o cemiterio lese a seguinte inscrición:
"COMO TE VES, EU VINME / COMO ME VEXO, VERASTE / LEMBRATE AGORA DE MIN / E NON TE ARREPENTIRAS / O DÍA QUE TE CHAMEN A TI"/.
Este serve de soporte a unha base do mesmo material, de forma paralelepípeda. Na cara que dá o cemiterio lese a seguinte inscrición: "LEMBRANZA OS ESQUENCIDOS".
A manifestación artística remata nunha cruz latina, de sección cuadrangular e oitavada.

NOTA:
1. Nesta parroquia de Trasliste foi importante a tarefa levada a cabo polo Sr. Xulián con motivo das protestas pola Cota Empresarial. Hai un monolito nesta parroquia adicada a súa figura.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES