Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As boas relacións

jueves, 18 de abril de 2024
Somos sociables por natureza.
En maior ou menor medida todos nos necesitamos:
O rico, ó pobre e o pobre, ó rico.
O médico ó doente e o doente ó médico.
O delincuente ó avogado e o avogado ó delincuente.
O profesorado ó alumnado e o alumnado ó profesorado.
Os gobernantes ós gobernados e viceversa.
Como todos nos necesitamos, vémonos na obriga de cultivar as boas relacións.

CULTIVAR BOAS RELACIÓNS FAMILIARES, ANTE TODO
Aínda que os membros dunha familia compartan os mesmos xenes, non quere decir que sexan perfectos.
Todos temos defectos; polo tanto non hai familias perfectas; pero pode haber familias unidas polas boas relacións entre os seus membros.
Din que unha familia unida, endexamais será vencida.
Hoxe en día aínda quedan moitas familias unidas, afortunadamente.
Son as que manteñen alto o listón familiar.
Nesas familias medran criaturiñas que teñen un ambiente equilibrado para desenrolar as súas capacidades.
Son a semente dun futuro prometedor.

CULTIVAR BOAS RELACIÓNS VECIÑAIS
As relacións veciñais de hoxe en día son moi diferentes ás de antes.
A vida deu un xiro moi grande.
Atrás quedaron:
- As portas abertas nas que o vecidario entraba a calquera hora para pedir calquera cousa ou, sencillamente, para compartir compañía.
- As convivencias cando emparzaban nos labores agrícolas.
- Os encontros por camiños e corredoiras cando ían ás feiras a pé.
- A infancia camiño das escolas unitarias.
- A rapacería cantando e trouleando camiño das festas da contorna.
- Os romeiros cada vez que había unha romaría na zona.
-E, sobre todo:
"As xuntanzas arredor da lareira nos días de inverno".

A LAREIRA ERA UN LUGAR SAGRADO E MÁXICO.
Servía para cociñar para a xente e máis para o gando; pero, sobre todo, como lugar de conviencia entres os membros da familia e veciños que se achegaban con moita frecuencia.
Alí convivían pequenos e grandes.
Os nenos no colo dos avós escotando as súas historias.
Os patrucios na parrugueira quentando as canelas.
E as mulleres tanto facían o queixo, como os roxóns, como cardaban e fiaban a la ou emplantillaban unhas medias raídas...
Se as lareiras falaran, moito tiñan que contar.

HOXE EN DÍA AS RELACIÓNS COLLERON OUTRO RUMBO
Levamos un ritmo de vida moi estresado e acomodado a uns horarios que non entenden de flexibilidade.
As portas están pechadas e cal e canto porque a inseguridade é cada día maior.
Cada un vai ó seu.
Os tralados fanse en veículo sen apenas comunicación.
O tempo de ocio dedícase especialmene a viaxar.
As relacións a través do medios dixitais sustitúen en boa medida ó contacto presencial; pero son máis frías.
Nos cafés reúnese moita xente para tomar algo, falar de calquera cousa ou observa-lo ambiente; pero son lugares públicos.
Non hai intimidade, non se pode desfogar...
Vivimos unha vida superficial, mirando á galería.
A procesión vai por dentro...
Por eso botamos en falta as boas relacións.

NECESITAMOS BOAS RELACIÓNS
- Relacións saudables para descansar do estrés.
- Relacións enriquecedoras para o emisor e tamén para o receptor.
- Relacións francas e confiadas nas que descansa a alma.
- Relacións de corazón a corazón.
- Relacións relaxantes despois dunha xornada laboral agobiante.
- Relacións auténticas.

AS BOAS RELACIÓNS PRECISAN:
- Persoas de confianza.
- Persoas abertas, francas, comunicativas.
- Persoas que saben escoitar e gardar segredos.
- Persoas que saben disculpar e agradecer
Encontrar persoas así é posible.
Podemos ser unha delas.

"PODEMOS SER"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES