
O último cantar sonou con música do mar
Dun mar escrito nunha praza
Nun recanto pequeño e recollido.
¡Que lonxe estaba o mar de ti!
¡Que lonxe e que achegado!
Cabo de ti chegou o barco
ateigado de risas azuis e discretas.
Foi tempo de recoller redais.
Retiráchelos sen máis nada.
E o cantar chegou a ti en despedida
na noite serenada;
sereno ti, sereno en calma.
Sereno o mar; serena a túa alma.
Sereno o teu viaxar; sereno e prematuro.
Sereno o teu illar; sereno nel estás
Sereno no illar, sereno, amigo
No illar ímonos ver, serenamente en paz.
Serenamente amigos.
Sereno o teu viaxar.
Sereno o teu abrigo.
Sereno no sereno.
¿Por qué tan prematuro?
Respostas imposibles
¿Estaba decidido?
Pois, que mágoa que fose
tan cedo e sen domingo.
Que dor nesa distancia
tan fóra dos escritos.
No illar ímonos ver, serenamente en paz.
Serenamente, ¡amigo!.