Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De cinismos, chapuzas e desfeitas

martes, 03 de junio de 2003
Na orde que prefiran. Despois da ilegal e frustante guerra do Irak (¡de todos!) e do barullo das eleccións, no marco dunha relativa calma (reventada pola traxedia dos militares e a barbarie de ETA), a unha semana das eleccións e a mes e medio do cese (non remate) da guerra, invítoos a facérmonos unhas preguntas. Poden sernos válidas, alomenos, como exercicio dunha terapia ecolóxico-mental.

¡Velaí o miolo da cuestión-reflexión!.¿Que sensación deixou en vostede a imaxe de Blair, comendo a bicos a un neno iraquí, ós poucos días e no memso chan e terra que viña de arrasar?. ¿Que sente ó ollar ó Sr. Bush, co sorriso finxido, pola Europa adiante, facendo carantoñas ós xefes de Francia e Alemania, de volta de Rusia?. ¿Que resposta deron (¡e están a dar!) os ricos do Cumio G-8 á lóxica e humana petición da creación dun fondo mundial contra a fame (proposta de Lula) e do perdón da débeda externa dos países pobres?. ¿Con que cara se vai presentar ante os xefes do Oriente Próximo, despois de todo o que aconteceu e de ter confesado (só con horrorosos feitos) que mentiron a reo e que non saben nada dos perigosos e fuxidíos terroristas Bin Laden e Sadam Husein?. ¿Que foi do tumbativo argumento das armas químicas?. ¿Quedarallles algunha autoridade moral (a él e ós satélites) para seren cribles no que digan e/ou prometan?.¿Terán algunha responsabilidade na globalización actual do terrorismo?. ¿Que estarán a artellar arestora?. ¿Onde a van armar, de novo?.¿Estamos máis-menos seguros?.

Achegándonos máis á casa, ¿vostedes saben, de certo e con seguridade, despois do que levamos escoitado ata de agora, quen gañou as eleccións en España?.¿E na nosa Galicia?. ¿Que vai pasar co esquecido Prestige?. ¿E co tan cacarexado Plan Galicia?. Mesmo parece que se esfumou-desapareceu. Non se escoita falar nada dil desde hai uns días. ¿Será outra chapuza-desfeita?. ¿Desapareceu xa o noso mundo rural?. ¿Que din das certeiras críticas do presidente á TV basura privada?. ¿Escoitaron decirlle algo da pública (da súa-de todos) e dos seus inexplicables silencios?.

Poden seguir vostedes, na intimidade e/ou en voz outa, a manifestar-compartir a súa visión do cinismo, as chapuzas e desfeitas que estamos condenados (parece que de por vida) a ollar-padecer se non fechámo-los ollos e a mente/corazón. É san e recomendable pensar algo por conta propia, de seu, desde nós...sen vivir por máis tempo ó dictado/mandado dos manipuladores de turno. Iso, se non hai unha tendencia declarada á depresión.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES