Posta de Sol
Silva, Manuel - lunes, 15 de abril de 2024
Ó atardecer do día:
Vexo o Atlántico.
Vexo como o mar enterra o sol.
Vexo e sinto a súa inmensidade.
Vexo as olas, cabreadas, estrelarse contra as penas.
Ó atardecer da vida:
Vexo o ocaso de familiares e amigos.
Vexo a dor de moita xente cando chega á súa fin.
Vexo resistencias a dar coidados paliativos.
Vexo, ás veces, máis compaixón dos animais ca das persoas.
Dende a xanela da casa:
Vexo con arroubo e con encanto
as pernas preciosas
-morenas e macizas-
das mociñas coruñesas cando van facendo footing.
Vexo como a xente pasea á beira do mar.
Vexo como o día vai pasando e a tardiña vai caendo.
Vexo como o sol, alaranxado, vai morrendo pouco a pouco.
Vexoo marcharse con placidez e fermosura.
E mentres vexo esta beleza,
pido a Deus e ós galenos
que a posta do sol da miña vida
sexa semellante á do sol cando morre en Fisterra.
Silva, Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora