Fago constar o meu malestar e miña protesta
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 15 de abril de 2024
En calidade de coordinador da UNED Senior Coruña (UNED Senior do rural galego) Fago constar o meu malestar e miña protesta:
A UNED suspende un exame a Bieito Lobeira por usar o galego:
O profesor rexeita corrixir a proba por non estar en español.
Bieito Lobeira, ex deputado no Parlamento galego e alumno de Antropoloxía no centro da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) de Pontevedra
Foi, concretamente, na materia de Teoría Sociolóxica, cuxas probas son corrixidas en Madrid. Fixo o exame na UNED de Pontevedra e o fixo en galego. A cualificación que foi un suspenso polo que pideu unha revisión. responden é que suspenden por facelo en galego.
MIÑA PROTESTA
O suspenso a Bieito Lobeira por usar o galego nun examen na UNED, é desde logo, un caso evidente de discriminación por usar a lingua galega, así como a constatación de que non todos e todas somos iguais no Estado español. Existindo a día de hoxe métodos de tradución rápidos e fiábeis, este non é un "problema técnico, senón" un problema ideolóxico, coa intención de eliminar o galego e de impedir o seu uso, así como de impoñer o español.
Ademais, nos propios Estatutos da UNED asúmense como misións fundamentais a inserción e coordinación entre os diferentes centros asociados de cada unha das comunidades autónomas así como o apoio ás culturas do Estado español. Sinálase tamén á colaboración coas Administracións autonómicas para a difusión da lingua, a cultura e o mellor servizo á cidadanía en educación superior.
O propio Estatuto de Autonomía da Galiza, no seu artigo 5, especifica o dereito a usar o galego en calquera ámbito público e máis que ninguén pode ser discriminado pola súa lingua.
Declaro que non hai idiomas de primeira e de segunda e que todos e todas temos o mesmo dereito a usar as nosas linguas.
Fdo. Luís Ángel Rodríguez Patiño
Cura párroco de Xestoso e Coordinador da UNED SENIOR CORUÑA

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora