Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O conto da marquesa

miércoles, 17 de abril de 2024
Dicía Facundo Cabral que fixera unha viaxe por Andalucía con Jorge Cafrune, o autor daquela "Zamba de mi esperanza" que tanto ben fai escoitar en momentos baixos. O caso é que nesa viaxe, a ambos presentáronlles a unha marquesa. Na presentación dixéronlles "es una gran mujer, acaba de donar un terreno para hacer un parque público", entón Cafrune mirouna e preguntoulle "Donó o devolvió?".

Facundo acaba aquí o conto e a un quédanlle ganas de saber a cara que puxo a marquesa ou o que lle contestaría ao turco ante tal intelixente irreverencia. O caso é que, cando un esperta á realidade é difícil crer totalmente na filantropía, máis cando vemos determinadas incoherencias que acompañan ás accións que se promoven como altruístas.

Se cadra o que cada quen debe facer é demostrar con transparencia que cumpre con todo aquelo que se lle esixe, que non persigue privilexios e que os seus proxectos xamais prexudican a ninguén. A partir de aquí quizais podamos empezar a falar pero o que nunca valerá moralmente é aquilo de "que a túa man dereita non saiba o que fai a esquerda".

O día no que a sociedade non trague co conto da marquesa quedará redimida. O que pasa é que, se cadra ese día, a alguén se lle acaba o negocio coa caída da imaxe inmaculada.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES