Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nas grandes superficies

martes, 31 de marzo de 2009
Este pasado sábado rompéronse, seguro, records de visitantes ás grandes superficies galegas. Nas nosas cidades, a multitude invadiu os supermercados que serven de pretexto para estas instalacións e, con eles, os establecementos comerciais, de recreo, cines ou restaurantes, dun xeito tan abrumador que parecía unha reposta popular opoñéndose a unha crise anunciada e sufrida pero non observada na realidade comercial de cada día.

As cifras que se nos ofrecen son aplastantes en relación coa reducción de producción nas empresas, na diminución de vendas do sensible sector do automóbil, na contención do gasto por parte das familias, no peche interminable de pequenas e medianas empresas que non dan resistido a presión que sobre elas se exerce. E sen embargo, o desta fin de semana resultaba un asombroso contraste coas evidencias cotiáns, unha demostración de alegría comercial e compradora que chama a atención nun tempo que sabemos difícil.

Outra cousa ven sendo o impacto da crise no pequeño comercio tradicional, o do centro das cidades que queda abandoado en canto o sol se retira, o da persoal atención e servicio completo, contrapunto das grandes superficies onde todo está despersonalizado, non hai atención directa e o mesmo cliente sérvese, transporta a mercadoría, colócaa na caixa e volve colocala de novo no carro transportador. As grandes superficies teñen todo ó seu favor na captación de clientes pola amplísima oferta, polas tentacións que derivan da exposición dos productos, e os precios supostamente moito máis vantaxosos que no pequeño comercio de cada día.

Non hai crise nas grandes superficies, alomenos de xeito aparente. E moito público mozo entre os que as visitan. O que falta saber é se estes macrocentros comerciais representan o estado real de todo o comercio de Galicia, ou son precisamente a cara amable dun problema que co seu funcionamento fixeron aparecer e no caso actual agudizar.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES