
45 alumn@s da UNED SENIOR da Coruña visitaron o Castro de Viladonga acompañados polo Coordinador da UNED SENIOR, Padre Patiño.

Recibidos no Museo pola Dirección do mesmo, viron primeiro un vídeo de todo o Castro e as súas peculiaridades e despois visitaron todo o Castro coas explicacións do arqueólogo Diego.
Castro de Viladonga
Concello de Castro de Rei, provincia de Lugo
É un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa.
Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da Terra Chá.
Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971.
Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.
O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.