Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Semana Grande

martes, 31 de marzo de 2009
Si a Semana Santa atrae a atención sobre vilas e cidades coma Viveiro ou Ferrol, esta semana a convocatoria ven envolta no vento da Terra Chá, ese vai/ven entre marzo e abril, inverno e primavera, que cantou o poeta. Principiamos coa Feira do Queixo de Friol, o domingo. Un concello que alonga a Chaira, por varias parroquias lindantes con Guitiriz, e mantemos a maxia, a vindeira fin de semana, coa XXV edición da Moexmu e a XV do Queixo de San Simón. Son xeitos de empurrar a nosa economía, mesmo fixando poboación. Nunhas queixerías, nas que un 63% das que traballan son mulleres. Son 133 granxas chairegas que deitan esta crema apetitosa. Pero non abonda con potenciar os productos do leite, fundamentais na contorna. Hai que crear alternativas no noso agro, coma o cultivo rendíbel das hortas, as patacas, os grelos... engrosando a diversificación e cooperación neste tecido productivo. Estas mostras comerciais son un indicador desa competitividade que enxerga un futuro alentador no sector. O concello de Vilalba permite a obra dunha queixería no polígono industrial, porque nas parroquias rurais hai problemas pola lei do solo. Compre que as administracións apoien con servizos loxísticos, tecnolóxicos..., estas empresas, case sempre familiares ou cooperativas, para que a Chaira, se converta nun manancial atractivo para implantar outras novas, un viveiro de iniciativas emprendedoras, ou polo menos que permitan a consolidación das que tanto esforzo custou xerar, para que non morran, neste tempo de crise. Hai que valorar a xenerosidade destas propostas familiares, froito de moita dedicación, e non da burbulla inmobiliaria. Apreciamos que hai polígonos industriais que están a atraer máis proxectos, ata converter algunha vila da comarca, nunha punta resistente á recesión e á deslocalización, quizais porque contan cunha infraestructura propicia para impulsar este desenvolvemento. A Chaira ten recursos naturais para crear unha rede transformadora dos seus productos, por iso os da Costa, só recollen leite desta comarca, para garantir a calidade do queixo. Pero hai que esixir a vontade política de darlle unha maior capacidade de rexeneración ao sector primario, para adaptalo a competencia necesaria, con outras rexións do país, dentro duns plans industriais, propios da zona, que axuden a ficar as empresas, e non a fuxir.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES