Como se capaban os touros?
"Dade palabra á dor:
A dor que non fala
Xeme no corazón
Ata que o rompe."
- Willian Shakespeare -.
Xa dixemos que para capar calquera animal había que tombalo, menos os touros, o que me chamou moito a atención porque os touros teñen moita forza e se se revolven

poden turrarnos e matarnos, mais cando oín que o primeiro que había que facer para capar un touro era darlle unha patada moi forte nos testículos e o touro quédase dereito, sendo esta a única anestesia que se utiliza, por iso se fai estando o touro de pé.
Logo, o capador tiña que coller un dos testículos e darlle voltas sobre si mesmo, facéndoo xirar por dentro, dándolle un mínimo de tres voltas, primeiro de arriba para abaixo de si mesmo e despois ao revés, logo vólvese coller o testículo e xírase da dereita á esquerda outras tres veces e despois ao revés, de esquerda para a dereita, tamén varias veces. Logo, faise que o testículo chegue á parte superior da súa bolsa que o contén e mantense nese lugar dándolle ben para arriba ata que se ata a bolsa cun fío de la porque é un fío que non corta nin priva da circulación.
Finalmente collíase o outro testículo e procedíase a facer o mesmo e o touro quedaba capado de por vida.
Texto: Xosé Otero Canto
Ilustración: María Guerrero