Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verbas agradecidas a estas flores pictóricas de Mercedes Mondelo

jueves, 04 de abril de 2024
Presentación da Pintora Mercedes Mondelo na Feira do Viño de Quiroga.

É un feito abraiante que nesta sala onde están escritos no eterno mural do tempo os "Sonetos ao Val de Quiroga", eses versos co que o chairego e ínclito poeta galego honrou as súas raíces, tamén e tan ben acompañados do sempre lembrado, o pintor Teixelo, que debería ter nesta Quiroga un sitio inesquecible para que as novas xeneracións lembren aos artistas como foron Manuel María e Teixelo, un tándem que naquel libro de versos endecasílabos loubaron as xentes, as terras e a paisaxe quirogués. Hoxe, despois de ser antonte o día da árbore, onte o da poesía; eiqui, cando esta cunca emblemática desta Queiruga está toda ela ofrecendo aos peregrinos, que abraidos percorren este Camiño de Inverno Quirogués, ledicia festiva vitivinícola, datas na que toda esta bisbarra aparece aos nosos ollos atiborrada da flor fermosa das cerdeiras. Na parroquia de Montefurado engalanan esas árbores aquel estreito val para culminar na cunca fermosa, este Val que comparten Ribas do Sil e Quiroga e, facendo o propio aparecen outras flores, estos cadros que son unha parte da grande obra de Mercedes Mondelo, a que este veciño llamaría a "Pintora do Medio Rural e Natural".

Apreciada Mercedes grande é o exemplo que das non soamente pola túa maestría abraiante no dominio dos pinceis se non tamén por facer que estas aldeas quiroguesas e lucenses, hoxe representadas en Montefurado teñan esa cor grandiosa que posue o mundo rural, esos entornos que por culpa do éxodo e do abandono dos organismos palidece. A vosa pintura, estas pedras, fiestras e portas son voces que non poden ser caladas nin estar pechadas co esquecemento. Estes cadros son a vida mesma por iso as xentes do agro cando ven as súas obras tremen enchidas de emoción e aqueles urbanitas que non teñen a sorte de vivir con e para o mundo campesiño cando ollan esta ramachante cor comprenden que deben atender a súa chamada, axudar a que a aldea non quede morta soterrada polas espiñosas silvas.

Todos os que visiten esta mostra non soamente verán grandiosas obras de arte, comprenderán e captarán na súa ollada que grazas a estes fermosos traballos de Mercedes Mondelo, esa científica que xa xubilada recentemente, nunca esquece, dende as Illas Canarias tamén representadas nalgúns destes cadros, onde exerceu a súa docente profesión, dar cor e forma as pegadas da súa tribu, das súas xentes e do seu querido e amado pobo de Montefurado, a porta central de Galicia e a lexendaria e romana asa desta cunca.

Como un día do pasado século dixeron a este cronista as inesquecibels irmáns escritores ourensáns Dona Pura y Dora Vázquez: "Montefurado é sementeira de artistas e Quiroga para nós o berce onde quedarán sempre xogando nas beiras do Sil as nosas inesquecibles lembranzas da nenez."

Mercedes, grazas por, nesta nova primavera, nestes espellos pictóricos mostrarnos que, ainda cas nosas aldeas parecen durmidas nunca estarán no eterno sono mentres haxa veciñas como vostede que son servidoras delas. Hoxe somos moi afortunados por ter estas flores pictóricas que nunca marchitarán e de seguro que farán agromar grandiosos froitos, pois servirán de exemplo para que outras mulleres e homes descubran que no seu ser tamén hai madeira artística e en calquera estación poden e deben colaborar, na faceta que dominen (música, escultura, escritura, pintura...), que a cultura popular e enxebre estea no cume que merece.

Non quero deixar de manifestar a satisfacción de Montefurado porque dúas artistas, dúas mulleres no campo da pintura, Mercedes e Zeltia, esta última gañando o certamen do cartel desta Feira do Viño, demostran o grande papel da muller galega en todos os eidos.

Coma diría o Poeta do Caurel, Uxío Novoneyra, "Quiroga é un viño" e, eu modestamente engado: "e as súas xentes espello do Creador neste grandioso lar galego acolledor de peregrinos e exemplares veciños".
Pol, Pepe
Pol, Pepe


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES